Numismatique & Change (anteriormente Numismatique) foi unha revista divulgativa francesa de periodicidade mensual dedicada á numismática e ao papel moeda, creada en outubro de 1972 por René-Louis Martin e publicada ata xullo de 2016.C. L. e Santiago Nasar (2016). "Numismatique et Change tire la réveérence". En Numismatique & Change. No 479. xullo-agosto. Páxina 23. ISSN 0335-1971"Numismatique & Change ". Infomonnaies.com

A revista fundouse baixo o título de Numismatique e co subtítulo de Le premier mensuel français de la monnaie ("A primeira publicación mensual francesa da moeda"), mais cambiou o seu nome a partir do número 15.

Na súa derradeira etapa estaba dirixida por Arnaud Habrant e o seu xefe de redacción era Charles Hervis.Consonte a ficha técnica do n° 479 (xullo-agosto de 2016).

O seu derradeiro número foi o de xullo-agosto de 2016."Magazine Numismatique et change: chronique d’une mort annoncée…". Club numismatique d'Argenteuil. Nese número, o 479, a revista anunciou a súa propia desaparición por mor da caída das vendas.

Notas

Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas de Francia