Walter Hävernick, nado o 23 de xaneiro de 1905 en Hamburgo e finado o 23 de xaneiro de 1983 na mesma cidade, foi un numismático e folclorista alemán, director do Museo de Historia de Hamburgo entre 1946 e 1973.Hatz, G. (2005). Páxina 1."Prof. Dr. Walter Hävernick ". Hamburger Persönlichkeiten.

Traxectoria Walter Hävernick pertencía a unha familia acomodada de Hamburgo. Era fillo do comerciante Hans Hävernick e de Ella Kulow.

Logo de iniciar en 1924 os seus estudos universitarios de Historia, Antigüidade Alemá, Folclore e Historia da Arte nas universidades de Frankfurt, de Múnic e de Hamburgo, en 1929 graduouse nesta última cunha tese dirixida por Friedrich Keutgen titulada "O pffennig de Colonia nos séculos XII e XIII").

Os catro anos seguintes pasounos como colaborador en prácticas no Museo de Historia de Hamburgo e en 1935 ingresou como conservador do gabinete numismático ducal de Gotha, onde se dedicou á catalogación dos tesouros de moeda medieval achados en Turinxia.

En 1937, Hävernick acadou a súa habilitación como profesor universitario de Antigüidade e Folclore Alemán, baixo a dirección de Otto Lauffer, daquela director do Museo de Historia de Hamburgo e ao mesmo tempo profesor desa mesma especialidade na Universidade de Hamburgo. En 1943 acadou a habilitación como profesor de Numismática e Historia Monetaria das Idades Media e Moderna na Universidade de Jena, onde tamén exerceu como profesor.

En 1945 regresou a Hamburgo e comezou a ensinar na universidade desa cidade de xeito independente. O ano seguinte encomendóuselle provisionalmente a xestión do Museo de Historia de Hamburgo e a partir do 1 de abril de 1947 tomou o relevo de Lauffer como director do museo e profesor de Folclore na universidade, postos que ocupou ata a súa xubilación en 1973.

Nesa mesma época, fundou a revista Hamburger Beiträge zur Numismatik ("Contribucións de Hamburgo á numismática"), que se converteu na principal revista científica desta materia en Alemaña durante varias décadas.

Logo da constitución da República Federal de Alemaña en 1950, xunto con Hans Gebhart e co apoio da Conferencia Permanente de Ministros de Educación, fundou a Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, cuxo labor principal era a coordinación das actuacións dos gabinetes numismáticos existentes nos diversos estados federais. Hävernick foi o presidente da Comisión ata 1974. miniatura|211x211px|Tumba de Walter Hävernick no cemiterio de Ohlsdorf Coa creación da Comisión Numismática, Hävernick logrou restituír os contactos científicos cos países veciños (sinaladamente con Suecia) que se viran interrompidos na etapa nacional socialista, e mesmo, entre 1953 e 1973, o propio Hävernick chegou a ser membro da xunta directiva da Comisión Internacional de Numismática.Hatz, G. (2005). Páxina 2.

Nas décadas de 1960 e 1970, Hävernick foi abandonando progresivamente o mundo numismático nas súas investigacións en favor do folclore e a cultura cotiá, ata a súa xubilación en 1973. O seu libro Schläge als Strafe ("Malleiras como castigo"), de 1970, foi visto como unha defensa do abuso educativo, o que o fixo obxecto de duras críticas en revistas de educación, de psicoloxía e de lexislación.Véxase (1970) en "Publicacións".Recensión da obra: "Züchtigung durch Mutter". En Der Spiegel. Nº 17. 22 de abril de 1964.

Hävernick finou en Hamburgo en 1983 o día do seu aniversario e foi soterrado xunto coa súa familia no cemiterio de Ohlsdorf, na mesma cidade."Familiengrab Hävernick (R24,132)". Fredriks.de

Recoñecementos (1953): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.

Publicacións Esta é unha escolma das monografías máis representativas da traxectoria académica de Walter Hävernick:"Hävernick, Walter 1905-1983". WorldCat Identities."Walter Hävernick". Deutsche National Bibliothek."Hävernick, Walter". Regesta Imperii.

(1930). Der Kölner Pfennig im 12. und 13. Jahrhundert. Periode der territorialen Pfennigmünze. Kohlhammer, Stuttgart. (1935). Die Münzen von Köln. Die königlichen und erzbischöflichen Prägungen der Münzstätte Köln, sowie die Prägungen der Münzstätten des Erzstifts Köln. Vom Beginn der Prägung bis 1304. Neubner, Colonia. (1936). Das hessische Münzwesen. Elwert, Marburgo. (1955). Die mittelalterlichen Münzfunde in Thüringen. Fischer, Jena. (1964). „Schläge“ als Strafe. Ein Bestandteil der heutigen Familiensitte in volkskundlicher Sicht. Museum für Hamburgische Geschichte, Hamburgo. (1970). Schläge als Strafe : ein Bestandteil der heutigen Familiensitte in volkskundlicher Sicht. Museum für Hamburgische Geschichte, Hamburgo. (1975). Numismatik - Aufgabe und Erlebnis 1920-1973. Ein persönlicher Abschlußbericht. Hamburger Museumsverein, Hamburgo.

Premio Walter-Hävernick A Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, creada por Hävernick en 1950, creou en 2012, na súa memoria, o Premio Walter-Hävernick, dotado con 2.000 euros e destinado a científicos menores de 35 anos autores de teses exemplares ou outros traballos monográficos sobre calquera área da numismática, escritos en alemán, en inglés ou en francés. Á parte da dotación económica, os gañadores tamén reciben unha medalla creada en 2015 polo medallista Carsten Theumer."Walter-Hävernick-Preis". Sitio web da NKLBD.

Estes son os gañadores desde a súa creación:"Bernhard Weisser: Laudatio für Angela Berthold, Walter-Hävernick-Preis 2012". Sitio web da NKLBD.

2012: Angela Berthold."Die Verleihung des Walter-Hävernick-Preises für Numismatik an Angela Berthold". En MünzenWoche. 10 de xaneiro de 2013. 2013: Philipp Rössner e Johannes Wienand."Wienand, Johannes". En Coins Weekly. 5 de decembro de 2019."Verleihung des Walter-Hävernick-Preises 2013". En NNB 9/13. Páxinas 1-2. 2014: Alexa Küter."Alexa Küter erhält den Walter-Hävernick-Preises 2014". En MünzenWoche. 31 de xullo de 2014. 2015: Stefan Roth."Walter-Hävernick-Preis 2015 an Stefan Roth verliehen". Sitio web da NKLBD. 2016: Simone Killen."Johannes Nollé: Laudatio zum Walter Hävernick-Preis 2016 für Simone Killen". Sitio web da NKLBD. 2017: Johannes Hartner."Johannes Hartner wird Nachfolger von Michel Alram". En MünzenWoche. 30 de xullo de 2020. 2018: Sebastian Steinbach, Torsten Bendschus e Johannes Hartner."Steinbach, Sebastian". In Coins Weekly. 2 de novembro de 2016."Walter-Hävernick-Preis 2018". Muenzen-online.com 2019: Johannes Peter."Ein alter Münz-Schatz in der Michaelskirche: Johannes Peter untersucht Fuldaer Brakteaten". En Fuldaer Zeitung. 26 de xullo de 2020.

2020: (non outorgado) 2021: (non outorgado) 2022: Julius Roch e Ehsan Shavarebi Moghaddam."Laudatio für den Walter-Hävernick-Preis". Numismatische-kommission.de"Gutachten für den Walter-Hävernick-Preis 2022 der Nachwuchsstiftung der Numismatischen Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland e. V. Ehsan Shavarebi". Numismatische-kommission.de 2023: Samuel Oer de Almeida e Rahel Otte."Walter-Hävernick-Preis 2023 Masterarbeit von Samuel Oer de Almeida". Numismatische-kommission.de"David Wigg-Wolf: Laudatio auf Rahel Otte, Walter-Hävernick-Preisträgerin 2023". Numismatische-kommission.de 2024: Stefanie Baars. 2025: David Weidgenannt e Marjanko Pilekić.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Berghaus, P. ; Hatz, G. (eds.). (1965). Dona Numismatica. Walter Hävernick zum 23. Januar 1965 dargebracht. Lütcke & Wulff, Hamburgo. Berghaus, P. (1993). "Numismatiker im Porträt: 18. Walter Hävernick 23. Januar 1905 Hamburg - 23. Januar 1983 Hamburg". En Geldgeschichtliche Nachrichten. Nº 156. Páxinas 166-172. Hatz, G. (1984). "Walter Hävernick in memoriam (1905-1983)". En Hamburger Beiträge zur Numismatik. 36/38. Páxinas 7-14. Hatz, G. (2005). "Walter Hävernick. 1905 - 23. Januar - 1983". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Vol. 54. Nº 1. Páxinas 1-2. Wiechmann, R. (2019). "Hävernick, Walter". En Kopitzsch, F.; Brietzke, D. (eds.). Hamburgische Biografie. Vol. 7. Wallstein, Hamburgo. Páxinas 126-128. ISBN 978-3-8353-3579-0

Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Hamburgo Categoría:Finados en 1983 Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Directores de museos Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Membros da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Hamburgo Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Alumnos da Universidade de Frankfurt Categoría:Profesores da Universidade de Hamburgo Categoría:Profesores da Universidade de Jena Categoría:Personalidades sen imaxes