O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Feminino, coñecido por motivos de patrocinio como Reyco Burela FSF, é un equipo galego feminino de fútbol sala con sede en Burela. Dende 2026 xoga na Segunda División. Entre 2009 e 2026 militou na Primeira División, sendo o terceiro club máis laureado da historia da competición, con seis títulos.

Fundouse en 2008 en Foz como a sección feminina do CD Burela FS, comezando a competir na Segunda División tras tomar os dereitos do Foz FSF e ascendendo a Primeira na súa primeira tempada. Conta no seu palmarés con seis títulos de liga, sete Copas da Raíña e seis Supercopas de España.

Historia O equipo xurdiu en 2008, cando o CD Burela FS decidiu crear unha sección feminina. Tomou os dereitos do Foz FSF, polo que estableceu a súa sede en Foz, e disputou a tempada 2008/09 na División de Prata. Logrou ese mesmo ano o ascenso despois de quedar en primeira posición no seu grupo, perdendo só 1 dos 26 partidos. Ademais gañou a súa primeira Copa Galicia na súa primeira participación.

No seu debut na Primeira División, con Javier Pardeiro como adestrador, o Burela acabou sexto e clasificouse para a Copa de España, mentres que na tempada 2010/11 rematou cuarto. Nese momento o club cambiou a súa sede, instalándose en Burela, ao igual que o equipo masculino.

Tras rematar en terceira posición na tempada 2011/12, o club conseguiu o seu primeiro título de liga ao ano seguinte, despois de perder só dous partidos durante a tempada. Redondeou a campaña gañando tamén a Copa de España, tras derrotar na final ao Atlético de Madrid Navalcarnero por 6-1. Tras a marcha de Pardeiro no verán de 2013, o equipo quedou subcampión de liga na tempada 2013/14 e terceiro na seguinte, ata que conquistou un novo título de liga na 2015/16. Neses anos xogou ademais tres finais de Copa, perdendo as tres fronte ao Navalcarnero, tónica que se rompeu en 2019, cando o Burela conseguiu vencer ao equipo madrileño na quenda de penaltis e gañou a súa segunda Copa.

Na tempada 2019/20 o club mariñán comezou gañando a Copa das 4 Nacións, un torneo que enfrontou ás vencedoras das copas de España, Italia, Rusia e Ucraína; venceu logo na Supercopa de España contra o Futsi Navalcarnero cunha grande actuación da nova fichaxe Jane Marqués; gañou a súa terceira liga, na primeira edición con playoffs, despois de vencer ao AD Alcorcón FSF na final; e pechou a tempada coa conquista do seu terceiro título de Copa tras derrotar na final ao Poio Pescamar FS por 1-0 cun gol de Elena Aragón.

Na tempada 2020/21 o equipo reafirmou o seu dominio absoluto no fútbol sala español, revalidando os tres títulos. Comezou gañando a Supercopa de España por terceira vez, tras derrotar por 2-0 ao Poio Pescamar, e en maio conquistou a súa terceira Copa da Raíña consecutiva, ao vencer na final ao Torreblanca Melilla por 3-1, grazas a dous goles da brasileira Dany e a un en propia meta do equipo melillense. En xuño logrou o seu cuarto título de liga, derrotando na final ao Futsi Navalcarnero por 5-2, cun triplete de Ale de Paz.

miniatura|Xogadoras e directivos após recibiren a Medalla Castelao 2022. En decembro de 2021 o Burela sumou un novo título ao seu palmarés: o Futsal Women's European Champions. Aínda que de carácter non oficial, enfrontou no Pazo dos Deportes de Lugo aos campións de España, Italia, Portugal, Rusia e Ucraína. O equipo laranxa desfíxose do MFC Normanochka ruso con dúas goleadas por 5-0 cada unha, pasando á final, onde se enfrontou ao Pescara italiano, ao que tamén goleou, esta vez por 6-0, facéndose así co título. Xa en 2022, o Burela converteuse no único equipo en gañar catro Copas da Raíña consecutivas, ao derrotar ao Futsi Navalcarnero na quenda de penaltis da final disputada no Paco Paz de Ourense.

Equipo 2020-21 Burela Pescados RubénNºNomePosiciónIdade 1 Jozi Oliveira Porteira 3 DanyPivote4 Sandra BuzónPorteira5 CristinaPivote6 CilenePeche7 PequeÁ-pivote 8 Cami Peche 9 JennyÁ10 Lara BalseiroÁ13 Lucía PazPorteira 14 Bea Mateos Á-Peche 17 Ale de PazÁ-Peche 19 Elena Aragón Á-pivote 21 Leti Martín CortésÁ-Peche23 CelyÁ

Adestrador: Lucas Delegada: Emma Losada Preparador físico: Pablo Díaz

Datos do club

Tempadas en 1ª: 16 (incluída a 2024/25) Tempadas en 2ª: 1

Historial na liga TempadaNivelCategoríaPosto2008/092D. Prata 10px2009/1011ª División6º2010/1111ª División4º2011/1211ª División3º2012/1311ª División1°2013/1411ª División2º2014/1511ª División3º2015/1611ª División1°2016/1711ª División4º2017/1811ª División3º2018/1911ª División2º2019/2011ª División1°2020/2111ª División1°2021/2211ª División2º2022/2311ª División1°2023/2411ª División1°2024/2511ª División2º2025/2611ª División 10px2026/2722ª División

Palmarés Nacional miniatura|O Burela FS campión da Copa da Raíña en 2022. Primeira División (6): 2012/13, 2015/16, 2019/20, 2020/21, 2022/23, 2023/24. Copa da Raíña (7): 2013, 2019, 2020, 2021, 2022, 2023, 2025. Supercopa de España (6): 2015, 2019, 2021, 2022, 2023, 2024. Liga de Segunda División (1): 2008/09.

Internacional Futsal Women's European Champions (1): 2021. Copa das 4 Nacións (1): 2020.

Rexional Copa Galicia (8): 2009, 2010, 2014, 2015, 2019, 2023, 2024, 2025.

Recoñecementos Foi recoñecido nos Futsalplanet Awards do ano 2020 como o mellor club feminino do mundo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Equipos de fútbol sala de Galicia Categoría:Deporte en Burela Categoría:Medallas Castelao