Daniel Barata Quintas, nado en Guillamil (Rairiz de Veiga) o 25 de decembro de 1943 e finado en Ourense o 31 de maio de 2023, foi un inspector de educación e político galego.
Traxectoria
Estudou ciencias da educación. Exerceu como inspector de educación. Foi membro destacado de Coalición Galega e, tras a escisión desta, impulsada por Victorino Núñez, de Centristas de Galicia. Coa integración desta forza no Partido Popular en 1991, pasou a ser militante desta forza política.
Foi concelleiro en Ourense (1987-1989), deputado no Parlamento de Galicia (1990-2001), conselleiro de cultura e xuventude (1990-1993). Foi o único conselleiro de Centristas de Galicia no primeiro gabinete de Manuel Fraga Iribarne. Dende ese posto foi o responsable da macroexposición de arte galega Galicia no TempoGalicia no Tempo. Xunta de Galicia, 1991. ISBN 84-453-0179-9 dirixida por José Manuel García Iglesias (para a cal Milladoiro compuxo en 1991 unha obra en catro movementos) e da primeira gran restauración do mosteiro de San Martiño Pinario. Impulsou o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) dotando de maiores facultades á xerencia do mesmo a través da Lei 2/1991 de 14 de xaneiro.Texto da Lei de modificación do IGAEM
Conselleiro do Consello de Contas desde o 2000. O 7 de agosto de 2009 foi nomeado polo Consello da Xunta membro do Consello Escolar de Galicia. En abril de 2010, demandou que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo fixese un "esforzo de aproximación de posturas"Nova no diario Qué! do 7 de abril de 2010 . en relación á reforma do Decreto que regula o galego no ensino, que o devandito Consello rexeitou.
Finou en Ourense o 31 de maio de 2023.
Recoñecementos
Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1994.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 89.
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en Rairiz de Veiga Categoría:Nados en 1943 Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2023