Maria Vergés Pérez, nada o 24 de maio de 1978, é unha tradutora e política aranesa, síndica de Arán dende o 29 de outubro de 2020.
Traxectoria Estudou enxeñería técnica forestal na Universidade de Lleida. Entre 2004 e 2007 foi xerente da Asociación Española de Concellos de Montaña e de 2007 a 2011 foi directora de cultura e política lingüística do Consello Xeral de Arán. Nas eleccións municipais de 2011 foi como número 3 na candidatura de Unitat d'Aran no concello de Vielha e Mijaran e permaneceu como concelleira ata outubro de 2020. Dende 2019 foi asemade vicesíndica primeira de Arán e conselleira de Cultura e Lingua e mais de Igualdade, Benestar e Saúde e tras a designación de Paco Boya como secretario xeral para o Reto Demográfico polo goberno español converteuse na nova síndica de Arán o 29 de outubro de 2020.
Como tradutora en 2007 verteu ao aranés Solitud de Víctor Català .
Notas
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Síndicos de Arán Categoría:Concelleiros de Cataluña Categoría:Tradutores do catalán