dereita|miniatura|Celia Pereira recollendo, como presidenta da Fundación Vicente Risco, unha camiseta conmemorativa da UD Ourense.
Celia Pereira Porto, nada en Rotterdam o 20 de decembro de 1971, é unha avogada e profesora galega.
Traxectoria Licenciada en Dereito con Premio Extraordinario de Licenciatura (1994). Doutora en Dereito pola Universidade da Coruña (2000). Foi profesora de Filosofía do Dereito na Universidade da Coruña até 2005. Desde esa data exerce como avogada laboralista. Foi presidenta da Fundación Vicente Risco e é a actual Coordinadora da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Foi editora da tradución ao galego e prologuista de O meu pecado mortal. O voto feminino mais eu, de Clara Campoamor.Encontro con Celia Pereira Porto e Clara Campoamor En 2021 foi escollida académica correspondente da Real Academia Galega.
Obras A aportación de Concepción Arenal no marco do Estado liberal español (1997). A discriminación de xénero na negociación colectiva. Vellas inercias e novos retos para a igualdade (2005). "Concepción Arenal e Clara Campoamor. Exemplos anticipados de sororidade" (2020). En Grial, 228, tomo LVIII. pp. 154-159.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía no Consello da Cultura Galega Artigos en Praza Pública
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Nados en Rotterdam Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega