Isabel García Adánez, nada en Madrid o 9 de setembro de 1972, é unha destacada tradutora do alemán ao español.
Traxectoria É licenciada en Filoloxía Alemá e Española e doutora en Filoloxía Alemá, así como diplomada en Piano e en Teoría musical.
Exerce como profesora do Departamento de Filoloxía Alemá da Universidade Complutense de Madrid.
Traduciu un número importante de autores de expresión xermanófona, fundamentalmente dos séculos XIX e XX, tales como Theodor Fontane, Heinrich Heine, Thomas Mann, Arthur Schnitzler, Joseph Roth ou Klaus Mann.
Traballou así mesmo na tradución de obras dramáticas e cinematográficas, como Good Bye, Lenin! ou Das Testament des Dr. Mabuse.
Premios Premio Esther Benítez en 2006 á mellor tradución, por Der Zauberberg, de Thomas Mann. Premio Nacional de Tradución<ref>Francisco Xavier Senín Fernández e Isabel García Adánez, Premio Nacional a la Obra de un Traductor 2020 y Premio Nacional a la Mejor Traducción 2020 respectivamente, Lamoncloa.gob.es .</ref> 2020, por Immer derselbe Schnee und immer derselbe Onkel, de Herta Müller.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na editorial Acantilado . Nueva traducción de 'La montaña mágica' de Thomas Mann, El Mundo'', 8 de febreiro de 2005 .
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Tradutores do alemán