Fabiola de Roma, nada en Roma a mediados do século IV e finada na mesma cidade o 27 de decembro de 399, foi unha enfermeira e matrona romana dos primeiros tempos do cristianismo. É venerada como santa pola igrexa católica.

Traxectoria Fabiola formou parte do grupo de mulleres que, baixo a influencia de Xerome de Estridón, decidiu dedicarse á vida ascética e á caridade. O propio Xerome contouno na súa carta LXXVII, dirixida en 400 a Oceanus, o seu parente.

Foi patricia da gens Fabia e de moza casou, aínda que axiña se divorciou del. Cando morreu o seu marido, casou de novo e, de novo viúva, na véspera da pascua do ano seguinte realizou penitencia pública na basílica de San Xoán de Latrán, onde entrou vestida cun saco e foi recibida polo papa Siricio, volvendo así á comuñón da Igrexa.

Dende entón, dedicouse a coidar de pobres e enfermos e fundou o primeiro hospital en Roma. En 395 marchou a Belén, onde coñeceu a Xerome e viviu no mosteiro fundado por Paula de Roma. Dedicouse á lectura e á meditación da Biblia. Cando houbo un conflito entre Xerome e o bispo Xoán de Xerusalén polas doutrinas de Oríxenes, Fabiola regresou a Roma, onde estaba presente a ameaza de invasión bárbara. Continuou a manter correspondencia con Xerome, que lle dedicou o seu tratado Sobre o sacerdocio de Aarón.

Fundou, xunto ao senador Pamaquio de Roma, o xenodochium de Porto, preto da desembocadura do Tíber, que deu hospitalidade gratuíta e asistencia médica aos peregrinos pobres. Cando morreu en 399, moita xente acudiu ao funeral, en agradecemento e veneración polo seu traballo social. Xerome deixou o seu testemuño persoal sobre as exequias de Fabiola, en que participou moita xente que a acompañou con salmos e aleluias.Nos primeiros tempos da igrexa, o canto do aleluia efectuábase unicamente no Domingo de Resurrección e, algo máis tarde, estendeuse a todo o tempo pascual. No rito occidental, en xeral o aleluia non se canta durante os tempos litúrxicos penitenciais nin nas celebracións de defuntos, polo que esta práctica descrita por Xerome de Estridón nos funerais de Fabiola pode chamar a atención.

Veneración Fabiola só apareceu no martiroloxio romano a partir do século XV, e aínda non a incluíu Cesare Baronio en 1583. A súa figura popularizouse grazas á novela histórica inglesa Fabiola or, the Church of the Catacombs, escrita polo cardeal Nicholas Patrick Stephen Wiseman en 1854, a pesar da imprecisión da historia contada.

A súa festa litúrxica é o 27 de decembro.

Representación Fabiola de Roma adoita ser representada con stola e palla, indicadores da súa clase social, ambas de cor vermella.A stola era unha variedad de túnica que a mujer comezaba a vestir inmediatamente despois do matrimonio. Empregábase sobre outra túnica, a subucula. As stolae podían ser de seda ((preferidas por las clases altas), liño ou algodón, e as súas cores variaban dende o branco crema ao gris, ao vermello ou ao púrpura, estes últimos obtidos con diferentes tinturas naturais. Pola súa parte, a palla era un veo que se colocaba como chal ou carapucha, de gran popularidade entre as mulleres, xa que era un dos indicadores sociais de pertenza á clase alta. Na arte cristiá, a cor vermella é emblema de lealdade e de realeza. Tamén simboliza o lume, o amor divino, o poder creativo e a calor como poder xerativo.

Notas

Referencias

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Enciclopedia Católica . "Fabiola" . Enciclopedia Británica . "Santa Fabiola".

Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados no século IV Categoría:Finados en 399 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Médicos