Metropolis é un filme mudo de ciencia ficción de Fritz Lang, rodada en Alemaña en 1927. Está considerada como a máis sobranceira representante do expresionismo no eido cinematográfico. Producido nos Babelsberg Studios por UFA, trátase dunha longametraxe de ciencia ficción cuxa trama se desenvolve nunha distopía urbana futurista. É considerado o pioneiro dos filmes de ciencia ficción, sendo a primeira longametraxe deste xénero.SciFi Film History - Metropolis (1927) - Although the first science fiction film is generally agreed to be Georges Méliès' A Trip To The Moon (1902), Metropolis (1926) is the first feature length outing of the genre. (scififilmhistory.com, retrieved 15 May 2013) Ademais, é un dos máximos expoñentes do expresionismo alemán nas artes cinematográficas.

O guión foi escrito por Fritz Lang e a súa muller Thea von Harbou, inspirándose nunha novela de 1926 da propia Von Harbou. Protagonizárono Brigitte Helm, Gustav Fröhlich, Alfred Abel e Rudolf Klein-Rogge.

Metropolis é un dοs poucos filmes considerados Memoria do Mundo pola Unesco (outros son os filmes documentais dos irmáns Lumière, Los olvidados, dirixida por Luis Buñuel de 1950 e The Wizard of Oz de Victor Fleming de 1939). Foi o primeiro en posuír esta categoría, amparado na vívida encarnación de toda a sociedade, e na profundidade do seu contido humano e social.

Feito en Alemaña durante a República de Weimar, Metropolis segue os intentos de Freder, o fillo do gobernante da cidade, e Maria, cuxo pasado non é explicado no filme, por superar o abismo que os separa nunha sociedade clasista. Metropolis foi rodada en 1925, e tivo un custo aproximado de 5 millóns de Reichsmarks.Hahn, Ronald M. / Jansen, Volker: Die 100 besten Kultfilme. Heyne Filmbibliothek, München 1998, ISBN 3-453-86073-X, S. 396 (German) Así, foi o filme máis caro daquela época.

Sinopse Nunha megalópole do ano 2026, os obreiros viven recluídos nun gueto subterráneo, onde se atopa o corazón industrial da cidade e do que non poden saír. Pero, incitados por un robot, rebélanse contra a clase intelectual que ten o poder e ameazan con destruír a cidade exterior. Freder (Gustav Fröhlich), o fillo do soberano de Metropolis, e María, unha rapaza de orixe humilde, intentarán evitar a destrución apelando ós sentimentos e ó amor.

Personaxes miniatura|Cartel dunha proxección de Metropolis no Brasil en 1930. miniatura|dereita|Réplica do robot Maria. Alfred Abel como Joh Fredersen, o líder da cidade. Gustav Fröhlich como Freder, fillo de Fredersen, quen trata de mediar entre a elite e os traballadores. Brigitte Helm como Maria. Rudolf Klein-Rogge como C. A. Rotwang, un científico tolo. Heinrich George como Grot. Fritz Rasp como "Der Schmale" ("The Thin Man"). Theodor Loos como Josaphat. Erwin Biswanger como 11811 - Georgy, o traballador con quen Freder troca os papeis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Box Office Mojo

Categoría:Filmes de 1927 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Fritz Lang Categoría:Filmes de Babelsberg Studio Categoría:Expresionismo Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes de científicos tolos Categoría:Filmes rodados en Berlín