Okean O foi un satélite artificial das axencias rusas e ucraína NKAU e RKA lanzado o 17 de xullo de 1999 mediante un foguete Zenit 2 desde o cosmódromo de Baikonur para estudar a superfie terrestre e os océanos.
Características Okean O foi unha misión conxunta entre Rusia e Ucraína continuación da serie de satélites Okean O1 para o estudo dos océanos e a superficie terrestre. Entre os seus obxectivos estaban a monitorización das condicións do solo e da flora, o estudo da atmosfera e os océanos, o estudo das superficies cubertas de xeo, o estudo das estruturas físicas e xeolóxicas e facer estudos meteorolóxicos.
O satélite tiña un diámetro de 1,9 m e unha lonxitude de 6,6 m e usaba un bus derivado do Tselina-2. Tiña unha masa de 6360 kg e usaba un panel solar que proporcionaba ata 3,5 kW de potencia eléctrica. Levaba a bordo tres cámaras multiespectrais de diferentes resolucións, un radar de exploración lateral cunha resolución de 1,5 km, un radiómetro e un sistema de recolección de datos.
O satélite fallou en outono de 2000 por problemas co control de actitude, funcionando só un terzo da súa vida prevista de tres anos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Zenit 2 Okean E Okean OE Okean O1
Categoría:Satélites artificiais