Omid foi un satélite artificial da Administración Nacional Espacial Iraniana lanzado o 2 de febreiro de 2009 mediante un foguete Safir 1 desde o centro de lanzamento de Semnan.
Características Omid foi o primeiro satélite en ser construído e lanzado con éxito por Irán. Un lanzamento anterior dun satélite idéntico, o 17 de agosto de 2008, fracasou por un problema coa segunda etapa do foguete lanzador. Omid levaba a bordo instrumentos para estudar a contorna espacial e un receptor GPS para determinar a súa posición. Tiña unha masa de 27 kg e foi inxectado nunha órbita inicial de 245 km de perixeo e 378 km de apoxeo. Reentrou na atmosfera o 25 de abril de 2009.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Safir 1
Categoría:Satélites artificiais