Ellison Shoji Onizuka, nado en Kealakekua (Hawai) o 24 de xuño de 1946, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-51-C e STS-51-L e que faleceu nesta última, o 28 de xaneiro de 1986.
Traxectoria Onizuka graduouse en enxeñaría aeroespacial pola Universidade de Colorado en xuño de 1969 e era máster na mesma materia pola mesma universidade desde decembro dese ano.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, participando nas misións STS-51-C e STS-51-L, pasando un total de 3,07 días no espazo. Faleceu nesta última, durante o accidente do transbordador espacial Challenger.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-51-C STS-51-L
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados en Hawai Categoría:Alumnos da Universidade de Colorado Categoría:Finados na exploración espacial