O Museo Monetario do Banco da Reserva da India (en inglés: Reserve Bank of India Monetary Museum; en hindi: भारतीय रिजर्व बैंक मौद्रिक संग्रहालय) é un museo situado en Fort, o distrito financeiro de Bombai, especializado na historia do diñeiro e da moeda na India."Museum". Reserve Bank of India."RBI Monetary Museum ". Museums of India.

Historia O Museo Monetario do RBI fundouse en 2004 como parte do programa educativo do banco central e entidade emisora do país, o Banco de Reserva da India, e foi inaugurado por A. P. J. Abdul Kalam, daquela presidente da India. Trátase do único museo do país centrado na numismática e na historia económica.Alok, R. (2016). "Tourist spot: Wealth of history at museum of money". En The Indian Express. 7 de novembro."President of India inaugurates RBI Monetary Museum". Reserve Bank of India. 18 de novembro de 2004.

A colección Os fondos do museo abranguen mostras da evolución dos medios de pagamento na India, desde o antigo sistema do troco ata as actuais transaccións electrónicas.Vernekar, S. (2018). "Paper bills, coins, and money through the ages". En The Hindu. 2 de maio.

A colección preséntase dividida en seis seccións e componse de arredor de 1.500 obxectos, entre os que destacan moedas datadas no século VI a. de C. e do Val do Indo, moedas do Imperio Cuxano, exemplares do Imperio Gupta e do período do Raj Británico, así como papel moeda de diversos lugares da India, da China e do Sueste Asiático, instrumentos financeiros e outros obxectos afíns."Mumbay for kids: why the 14-year-old RBI Monetary Museum is worth a visit ". En Mid-day.com. 3 de febreiro de 2018.

Na súa primeira sección, denominada "Ideas, conceptos e curiosidades", amósase un orixinal conxunto de 49 moedas de formas e tamaños moi diversos utilizadas entre os séculos IV e XX en diversos lugares do mundo, como é o caso das barras dobradas indias, as moedas-coitelo da China, as moedas-pulseira de África Occidental ou as moedas-bala de Tailandia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de museos numismáticos

Ligazóns externas Espazo do museo na web do Reserve Bank of India

Categoría:Museos da India Categoría:Museos de numismática Categoría:Economía da India