Galego (en ) é un filme de produción galego-cubana de 1988, dirixido por Manuel Octavio Gómez.
Está baseada na novela Gallego, do escritor cubano Miguel Barnet, e narra a vida dun emigrante galego, Manuel (Sancho Gracia), na Habana, dende a década de 1910 ata a Revolución Cubana.
Argumento Manuel, un mozo dunha aldea galega, decide emigrar a Cuba buscando un mellor porvir. Na viaxe en barco coñece a José Gundín, outro emigrante galego co que trabará unha amizade para toda a vida. Na Habana traballarán en diversos oficios sen demasiada fortuna e vivirán os acontecementos sociais e políticos da illa.
Elenco
Sancho Gracia como Manuel Ruiz. Jorge Sanz como Manuel Ruiz (mozo). Manuel Galiana como José Gundín. Linda Mirabal Alberto Pedro como Conrado. Francisco Rabal como Fabián. Antonio Ferrandis como o avó. Fiorella Faltoyano como Josefa. Leticia Herrera Rosalía Dans César Diéguez Lorenzo Castillo Cristina Juan Hilda Oates Ramón Zamorano Margarita Calahorra Manuel Zarzo Álvaro de Luna como Aniceto.
Produción Baseouse na novela Gallego, do escritor cubano Miguel Barnet. Foi rodada en diversas localizacións da provincia de Pontevedra como Mondariz e Ponteareas, así como en Madrid e A Habana, cidade na que transcorre a maior parte do filme. O filme, financiado na súa maior parte polo ICAIC cubano, custou uns 130 millóns de pesetas, 50 dos cales foron achegados pola Televisión de Galicia.
O seu director, o cubano de orixe galega, Manuel Octavio Gómez, faleceu un mes antes da estrea do filme. A estrea mundial realizouse en Santiago de Compostela o 25 de febreiro de 1988, coas presenzas do presidente da Xunta, Fernando González Laxe e do ministro de Cultura de Cuba Armando Hart.
Notas
Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Cuba Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Cuba Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Cuba Categoría:Filmes de 1988 con versión en galego Categoría:Filmes sobre a diáspora galega