A Game Boy Light (en xaponés: ゲームボーイライト, Gēmu Bōi Raito) é unha videoconsola portátil de Nintendo que saíu á venda unicamente no Xapón en abril de 1998. Ao igual que a Game Boy Pocket, a consola tiña un prezo de 6.800 iens. É case do mesmo tamaño que a Pocket e ten unha luz de fondo parcialmente azulada para condicións de pouca luz. Utiliza dúas pilas AA, que lle dan aproximadamente 20 horas de autonomía coa luz apagada e 10 cando está acesa.Game Boy Light. Retromaquinitas.com.

A Game Boy Light é a máis rara da saga Game Boy, podéndose comprar case unicamente por importación dende o Xapón durante 1998. Foi a única consola de Nintendo producida con pantalla alumada ata a saída da Game Boy Advance SP en 2003.

Especificacións técnicas Tamaño Aproximadamente 80 mm x 135 mm x 27 mm (An x Al x Pr)Peso Aproximadamente 138 gPantalla Pantalla reflectora supertrenzada nemática (STN) de cristal líquido (LCD)Tamaño de pantalla 50 mm por 45 mmFotogramas por segundo 59.727500569606 HzEnerxía 6 V, 0.7 W (2× pilas AA)Duración das pilas Aproximadamente 10 horas de xogo (coa luz acesa)Aproximadamente 20 horas de xogo (coa luz apagada)CPU Zilogic Z80 a 4.194304 MHzMemoria 64 KB espazo de direccións incluíndo: 8 KB de RAM de traballo integrada Ata 16 páxinas de 8 KB de RAM de traballo intercambiábel (no cartucho de xogo) para un máximo de 128 KB de RAM externa (que pode ser alimentada por batería para gardar partidas). 8 KB de memoria RAM para a pantalla LCD. 32 KB de Game Pak externa ROM, dos cales 16 KB son intercambiábeis ROM de arrinque de 256 bytes no chip; cartuchos de 32 KB, 64 KB, 128 KB, 256 KB, 512 KB, 1 MB, 2 MB, 4 MB e 8 MB.Resolución de pantalla 160 (ancho) × 144 (alto) píxeles (10:9 relación de aspecto)Soporte de cor 2 bits (catro tons de "cinsentos": claro a moi escuro)Son Procesador PSG de Estéreo FM de 4 canlesEntrada

Edicións especiais Os primeiros dous modelos que saíron á venda foron as versións dourada e prateada. Un pouco máis tarde saíron seis edicións especiais e limitadas, que son:

Game Boy Light Clear Red: Tezuka Osamu World Shop.Tezuka Osamu World Shop. Consolevariations.com. Game Boy Light Astro Boy: Tezuka Osamu World Shop.Astro Boy: Tezuka Osamu. Consolevariations.com. Game Boy Light Pikachu Yellow: Pokémon Center Tokio. Como o seu propio nome indica, esta versión vendeuse só na única tenda Pokémon Center que había por aquel entón, en Tokyo.Pokemon Center Pikachu. Consolevariations.com. Game Boy Light Clear Yellow: Toy's 'R' Us.Clear Yellow. Consolevariations.com. Game Boy Light Famitsu Skeleton. Existen dúas versións, aínda que a consola é exactamente a mesma nas dúas. Por unha banda está a edición de encarga e por outra a edición de evento. A primeira conseguíase comprándoa por correo e a segunda nun evento especial realizado no barrio xaponés de Akihabara.Nintendo Game Boy Light Clear Famitsu Console. Consolevariations.com.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Game Boy Color Game Boy Advance Game Boy Micro

Categoría:Consolas de Nintendo