O castelán canario ou fala canaria é a modalidade do castelán propia e convencional das illas Canarias, empregada polos arredor de dous millóns de falantes que habitan o devandito arquipélago atlántico. Trátase dunha variedade dialectal encadrada dentro do que se chamou «modalidade atlántica», semellante ás da América castelanfalante, e tamén ás do sur da Península Ibérica, especialmente Andalucía occidental.

A situación xeográfica das Canarias, que converteu ao arquipélago nun histórico lugar de paso e ponte entre culturas, motivou a presenza de termos de orixe inglesa, francés ou árabe, así como de procedencia americana. Tamén os aborixes canarios que poboaron as illas con anterioridade á súa conquista deixaron a súa pegada no vocabulario insular.«El español hablado en Canarias».

O dialecto máis semellante ao canario, dado o vínculo histórico entre ámbalas dúas zonas, é o dialecto caribeño, falado en Cuba, Porto Rico, a República Dominicana e a costa do mar Caribe (Venezuela, o norte de Colombia e Panamá). Ademais, lexicamente, o dialecto canario está amplamente influenciado polo portugués, do que deriva certa parte do seu léxico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Castelán caribeño Bibliografía

Lengua Española 1 (páx.54), varios autores, Ed. Alhambra (ISBN 84-205-17766-6). Lengua Española de COU (páx.32), Simón Valcárcel Martínez, Ed. Tambre, S.L. (ISBN 84-88681-19-4). El español de Canarias hoy, varios autores, Ed. Iberoamericana (ISBN 84-88906-54-4). Estudios sobre el español de Canarias, Edita: Academia Canaria de la Lengua (ISBN 84-96059-10-3). El español de canarias en su dimensión atlántica: aspectos históricos y lingüísticos, Javier Medina López, Ed. Librería Tirant lo Blanch, S.L. (ISBN 84-8002-950-1). Tesoro lexicográfico del español de Canarias, varios autores, Edita: Viceconsejería de Cultura y Deportes (ISBN 84-7947-080-1). Diccionario de canarismos, varios autores; Edita: Francisco Lemus Editor (ISBN 84-87973-08-6). Gran diccionario del habla canaria, Alfonso Oshanahan Roca, Edita: Centro de la Cultura Popular Canaria (ISBN 84-7926-169-2). Diccionario histórico-etimológico del habla canaria, Marcial Morera Pérez, Edita: Viceconsejería de Cultura y Deportes (ISBN 84-7947-282-0). Lengua y colonia en Canarias, Marcial Morera Pérez, Edita: Globo (ISBN 84-404-6280-8). En defensa del habla canaria, Marcial Morera Pérez, Edita: Anroart Ediciones (ISBN 84-96577-34-3). Hualde, José Ignacio (2005): The sounds of Spanish, Cambridge University Press, 2005.

Categoría:Dialectos da lingua castelá de España