María Pilar Fernández Otero, nada no ano 1937 na Bandeira (Silleda), é unha investigadora galega e catedrática emérita de Fisioloxía.
Traxectoria Realizou a licenciatura en Farmacia pola Universidade de Santiago (USC). En 1961, grazas a unha bolsa do CSIC, comezou a investigar no campo da bioloxía, e após conseguir o doutoramento en 1963 pola mesma universidade, fixo dúas estancias posdoutorais de investigación no Reino Unido.
Na Universidade de Oxford, realizou diversas investigacións sobre a permeabilidade de membranas biolóxicas, co profesor H. Parsons; e no Departamento de Bioloxía da Universidade de Sheffield, con H. Smiyth.
En 1965 foi nomeada profesora adxunta de Fisioloxía na Facultade de Farmacia da USC onde exerceu até 1968, ano en que marchou para a Universidade de Barcelona. Dous anos máis tarde, en 1970, volveu á USC como catedrática de Fisioloxía. En 1985, incorporouse á Universidade de Navarra, onde exerceu a docencia como especialista en Fisioloxía. Nesta universidade foi decana da Facultade de Farmacia (1986-1994) e vicerreitora de investigación (1993-2005). As súas liñas de investigación concrétanse na absorción de azucres e aminoácidos: permeabilidade pasiva e procesos de transporte; interaccións fármaco-nutrientes; pesticidas; e nutrición e obesidade: xenética e bioloxía molecular.
Asociacións ás que pertence É membro das seguintes asociacións: Real Academia Galega de Ciencias (1978) Real Academia Nacional de Farmacia (1990) Academia de Farmacia de Galicia (2007) Sociedade Española de Ciencias Fisiolóxicas Sociedade Española de Nutrición Sociedade Europea de Fisioloxía e Bioquímica Comparada Sociedade Farmacéutica do Mediterráneo Latino Sociedade Española de Bromatoloxía Federación Internacional de Farmacia European Intestinal Transport Group
Premios e recoñecementos Premio Doctor Graiño (Real Academia de Farmacia) Medalla de Ouro (Universidade de Navarra, 2008)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Publicacións de acceso directo de María Pilar Fernández Otero recollidas en DADUN
Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Silleda Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Farmacéuticos de Silleda Categoría:Personalidades da fisioloxía Categoría:Académicos da Real Academia Nacional de Farmacia