José Galera Moreno, nado en Sevilla o 2 de agosto de 1901 e finado en Zamora en outubro de 1987,El Correo de Zamora, 18-10-1987, p. 4. foi un mestre e político español.
Traxectoria miniatura|Monumento ao mestre en Zamora. Aprobou as oposicións ao maxisterio en 1926.El Defensor de Córdoba, 22-6-1926, p. 3. Foi nomeado mestre de San Román de Vale en 1927,BOE, 23-7-1927, p. 485. e foi secretario da Asociación do Maxisterio Nacional do Partido de Viveiro.El Pueblo Gallego, 20-2-1929, p. 2. En 1934 aprobou as oposicións a inspector de primeira ensinanza e foi nomeado inspector da zona de Vilalba.El Noticiero Gallego, 18-12-1934, p. 2. Pertenceu a loxa masónica Lucus nº 5. Militante de Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Lugo logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Colaborou en El Progreso e Vida Escolar.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído e suspendido de emprego e soldo en setembro.El Progreso, 18-9-1936, p. 2. Por orde da Junta Técnica del Estado de 27 de marzo de 1937 foi separado do servizo. Foi detido o 26 de outubro de 1937 e saíu en liberdade o 27 de xaneiro do ano seguinte. En 1943 abríronlle expediente por responsabilidades políticas. BOE, 15-1-1944, p. 233. Trasladouse a Zamora onde montou unha Academia privada. Readmitido no maxisterio, recuperou a praza de inspector e foi indemnizado polo Estado polo tempo que estivo suspendido. José doou o diñeiro para que se realizase unha escultura dedicada á figura do mestre, que se instalou na praza do Maestro de Zamora. Xubilouse en 1971.
Recoñecementos Un CEIP de Zamora leva o seu nome.
Vida persoal Casou en 1935 coa tamén mestra e inspectora Isabel López del Amo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Profesores de España Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1987