Valentín Fernández González, coñecido como Víctor, nado en Lugo en 1912 e finado en Filgueira de Barranca (Oza Cesuras) o 28 de febreiro de 1951, foi un militar e político galego.

Traxectoria Albanel en Lugo. Militante comunista dende 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi comandante da Brigada 100 da 11ª división e formou parte do batallón de Milicias Populares Galegas durante a guerra civil española. Coa derrota da República foi internado no campo de refuxiados francés de Barcarès. Despois marchou á Unión Soviética e traballou como obreiro cualificado en Mitichi, Kokand, e torneiro na fábrica Krasni Proletari de Moscova. Foi voluntario no Exército Vermello durante a segunda guerra mundial.

Volveu a Galicia en 1949 enviado polo PCE e formou parte do Comité Rexional dirixido por José Sevil como responsable do traballo no Exército e na Mariña. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Filgueira de Barranca o 28 de febreiro de 1951 xunto con Manuel Paradela Barros; Valentín Fernández levaba documentación falsa a nome de José García Castelo. Foron soterrados no cemiterio de Filgueira de Barranca.

Vida persoal

Casou coa asturiana Josefina Álvarez Suárez. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Rusia Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes