BMW Sauber F1 Team, ou simplemente BMW Sauber, foi unha escudaría de Fórmula 1 que corría baixo bandeira alemá, propiedade do fabricante de coches BMW e integrada en BMW Motorsport, a súa sección de competición en deportes do motor. Con base en Múnic, Alemaña, onde se traballaba no tren de potencia , no cambio de marchas e na electrónica, tamén tiña instalacións en Hinwil, Suíza, onde se localizaba a sección de desenvolvemento do chasis, que incluía o departamento aerodinámico BMW reforza o departamento aerodinámico de Sauber, en grandprix.com e o túnel de vento, e do despregue do equipo de carreira e de tests.

Debutou na tempada de 2006 tras comprar Sauber en , de onde viña o nome, que se mantivo como un xesto de amabilidade en referencia ao pasado da escudaría dirixida por Peter Sauber, que posuía o 20% das accións da escudaría Credit Suisse únese a BMW Motorsport, en grandprix.com e que seguiu na disciplina do equipo como consultor de Credit Suisse e de Petronas Peter Sauber - A F1 non é como unha piscina de quenllas, na páxina de Credit Suisse., dous dos principais patrocinadores do equipo; mentres que Willy Rampf era o Enxeñeiro Xefe e o Xefe de Equipo era Mario Theissen.

Logo de catro tempadas, BMW decidiu retirarse da Fórmula 1 por motivos económicos. Peter Sauber retoumou o control da escudaría e a pesar de que a marca de coches teutoa non pedira a entrada para o , o equipo logrou a 13º praza para a tempada, e aínda que continúa a competir co mesmo nome por motivos legais, considérase unha continuación da antiga Sauber.

Historia Antecedentes de BMW na Fórmula 1

miniatura|esquerda|235px|Brabham-BMW BT54 de . Após case 30 anos de competición en Fórmula 2 en varias etapas, e participacións esporádicas dos seus monoprazas en Fórmula 1 nos Grandes Premios de Alemaña de 1952 Participación de BMW en 1952, en f1db.com , 1953 Participación de BMW en 1953, en f1db.com e en 1968 Participación de BMW en 1968, en f1db.com , en BMW anunciou a súa entrada na máxima categoría automobilística como fabricante de motores turbo para Brahbam, debutando en 1982 co M12/13 e gañando na súa primeira participación o GP do Canadá. En xa eran tres as escudarías que levaban propulsores de BMW, con ATS e Arrows. En asina un contrato con Benetton, debutante na categoría, engadíndose á lista de escudarías cos seus motores, e en , anuncia a súa retirada da Fórmula 1 para o final dese ano . Porén, a historia do BMW M12/13 non remataba aquí, pois Megatron mercou os dereitos para que Arrows puidera seguir utilizándoos , até que en os motores turbo foron prohibidos polas regulacións da FIA . Este motor foi o primeiro en acadar os 1000 cabalos de potencia, chegando aos 1400 con especificacións de cualificación .

dereita|235px|miniatura|Juan Pablo Montoya no Williams FW.26 de 2004, cun motor BMW. En 1997, BMW anuncia un acordo de cooperación con Williams para desenvolver un coche, sendo BMW a encargada do motor e Williams do chasis. Este traballo conxunto levaríaos á vitoria nas 24 Horas de Le Mans de 1999 co BMW V12 LMR. Após este éxito, o acordo ampliouse no , cando BMW desenvolveu o propulsor E41 V10 para Williams . O contrato, con distintos motores desenvolvidos, durou até o , crebándose por mor dunha degradación evidente nas relacións entre ámbalas dúas entidades , a pesar de que o acordo estaba asinado até 2009. Durante este tempo, Williams conseguiu dez vitorias en carreira, tendo o pico máximo de rendemento no campionato de 2003, cando Juan Pablo Montoya disputoulle ó título a Michael Schumacher case até a derradeira carreira dun ano no que Williams - BMW remataría segundo no Campionato de Construtores.

Sauber

miniatura|esquerda|300px|Heinz-Harald Frentzen pilotando o Sauber C22 en . Sauber foi unha escudaría suíza fundada por Peter Sauber, que xa construía e competía cos seus propios coches desde a década dos 70. Antes da súa participación en Fórmula 1, estivo a competir nas 24 horas de Le Mans, onde acadou a vitoria en 1989; e en varias series de Sport Prototipos, gañando o Campionato Mundial de Sport Prototipos en 1989 e 1990. As tres vitorias acadáronse co mesmo coche, o Sauber C9 con motor Mercedes M119 5.0L Turbo V8, que foi o máis exitoso que xamais construíu a escudaría.

Debutou en F1 en , onde ficou competindo 12 anos, até que foi mercado por BMW. Disputaron a súa primeira tempada co Sauber C12 con motores Ilmor baixo o nome de Sauber V10, que foi pilotado por Karl Wendlinger e por JJ Lehto, conseguindo os seus dous primeiros puntos no seu primeiro Gran Premio, o de Gran Premio de Suráfrica de 1993, e atinxindo a final de tempada o 7º posto no Campionato de Construtores con 12 puntos. En xa correron con motores Mercedes, colaboración que só durou un ano, xa que en e , coa entrada de Dietrich Mateschitz como novo accionista maioritario, pasaron a utilizar motores Ford.

Desde até , o equipo utilizou motores e caixas de cambios construídos por Sauber Petronas Engineering, unha empresa constituída con ese único fin. Porén, estes motores eran realmente construídos a partir dos mesmos deseños que os de Scuderia Ferrari, chegando a haber incluso enxeñeiros da escudaría italiana como empregados desa empresa. foi o ano máis exitoso da escudaría en F1, acadando o 4º posto no Campionato de Construtores con 21 puntos, co Sauber C20 pilotado por Nick Heidfeld e Kimi Räikkönen. De datan os dous maiores activos do equipo, o túnel de vento máis tecnolóxicamente avanzado do momento, e o supercomputador Albert, utilizados ambos para labores de aerodinámica.

Época moderna: BMW Sauber

A creación da escudaría miniatura|esquerda|300px|Sauber C24 de , o derradeiro chasis desenvolvido pola escudaría suíza antes da súa venda a BMW. Os antecedentes de BMW Sauber remóntanse aos comezos da tempada de 2005, cando saltaron rumores sobre a posibilidade de que BMW subministrara motores a outra escudaría alén de Williams Theissen se reúne co Consello de BMW con plan para mercar Sauber, en grandprix.com. De feito, o 22 de febreiro de 2005, Sir Frank Williams confirmaba que os motores ían ser tamén vendidos a Sauber Williams - BMW subministraralle motores a Sauber, en f1racing.net, información desmentida dous días despois por Peter Sauber e por Mario Theissen, responsábeis de Sauber e de BMW Motorsport respectivamente Sauber - Aínda non hai acordo con BMW, en f1racing.net . Estas declaracións, e mais os pobres resultados que a escudaría inglesa estaba a lograr no , comezaron a facer ver posíbeis distanciamentos entre BMW e Williams, e incluso houberon rumores de ruptura BMW desmente suposta ruptura con Williams, en f1racing.net.

A comezos de maio, saltaron os primeiros rumores sobre a posibilidade de que o trato con Sauber fora alén do planeado anteriormente, da venda de motores Mercará BMW a escudaría Sauber?, en f1racing.net. Xa a mediados dese mes ficaba bastante claro que as relacións entre BMW e Williams estaban a pasar por un pésimo momento, cunha evidente falta de comunicación Williams non sabe que plans ten BMW, en f1racing.net , e ataques públicos desde os responsábeis da escudaría inglesa Head - Theissen é deshonesto, en f1racing.net Williams - BMW: unha relación 'hostil', en f1racing.net Williams admite 'rencillas' con BMW, en f1racing.net Rematará BMW o seu acordo con Williams?, en f1racing.net. Un dos motivos que levou a esta ruptura foi a negativa desde Williams á petición de BMW de participar na investigación do chasis .

O 22 de xuño de 2005, anunciábase oficialmente a compra de Sauber por BMW BMW merca Sauber Petronas BMW merca Sauber, en grandprix.com, decisión que foi finalmente tomada na mesma madrugada do día do anuncio . Nese momento, Sauber era propiedade do banco suízo Credit Suisse, que tiña un 63.25% das accións da escudaría Como BMW conseguiu un trato barato sobre Sauber, en grandprix.com, aínda que Peter Sauber era quen tomaba as decisións malia que só era dono do 36.75% restante das accións, pois as que posuía incluían o voto maioritario. Pouco tempo após mercar a escudaría, BMW comezaba un plan de expansión que incluía a modernización das instalacións de Hinwil da nova escudaría e a construción dalgunhas novas Os plans de expansión de BMW, en f1racing.net BMW amplía as instalacións de Sauber, en grandprix.com, e a contratación de máis de cen novos traballadores BMW comeza a expansión de Sauber, en f1racing.net , malia que estas instalación fican baixo a dirección dunha compañía suíza independente asociada a BMW BMW confirma a venda de BMW, en formula1.com . O 14 de novembro, anunciábase o nome definitivo da escudaría e a súa inscrición na FIA BMW Sauber F1 Team inscrito na FIA, manténdose o nome do antigo equipo suízo, Sauber. En palabras de Theissen "Isto reflicte a integración do equipo, dirixido por BMW pero cunha base de case 300 empregados de Sauber". Tamén ficaron antigos patrocinadores de Sauber, como a propia Credit Suisse ou Petronas BMW confirma os cartos de Petronas, en grandprix.com, aos que se uniron Intel BMW confirma trato con Intel e O2 BMW fai un trato con O2.

Aínda quedaba resolver o tema dos motores de Williams Williams quere unha 'resposta' de BMW, en f1racing.net. Coa creación desta nova escudaría por parte de BMW, dábase por suposto que o contrato que os unía ía crebarse , e así rematou por ser: o 15 de agosto confirmouse o acordo entre Williams e Cosworth para os propulsores do ano Oficial: Williams - Cosworth no 2006, en f1racing.net .

Tempada de 2006 300px|miniatura|esquerda|Jacques Villeneuve co F1.06 nuns adestramentos privados no Circuíto de Cheste en febreiro de 2006.

Dúas incertezas principais roldaban aos interesados na Fórmula 1 para a tempada de 2006: os pilotos que formarían parte do proxecto e o deseño do primeiro coche que construiría a escudaría e que estes conducirían .

A primeira incógnita desvelouse pouco a pouco, e non sen incerteza nin rumores previos (especulouse cun gran número de pilotos, como Pedro Martínez de la Rosa De la Rosa interesado en pilotar para BMW, en f1racing.net, Mika Häkkinen Hakkinen - Non volverei á F1, en f1racing.net , Michael Schumacher BMW ofreceu asento a Schumacher, en f1racing.net , Giancarlo Fisichella Fisichella ou Kovalainen a BMW?, en f1racing.net, Heikki Kovalainen, Mark Webber Webber non quiso asinar con BMW Sauber, en f1racing.net ou Dan Wheldon Dan Wheldon e BMW, en grandprix.com) mais o 16 de setembro de 2005 confirmábase a elección de Nick Heidfeld Oficial: BMW asina a Heidfeld por tres anos , e o 1 de decembro anunciábase a permanencia de Jacques Villeneuve Oficial: Villeneuve quédase en BMW Sauber, en f1racing.net MW confirma a Villeneuve, en grandprix.com, quen xa pilotara para Sauber, como pilotos titulares. Especialmente dificultosa foi a presenza de Villenueve no coche, pois BMW non concordaba moito con mantelo na súa disciplina Unha reunión en Múnic, en grandprix.com, cousa que tivo que facer por motivos contractuais Villeneuve - Os contratos teñen un grande poder, en f1racing.net . O terceiro piloto foi Robert Kubica, tal e como se anunciou o 20 de decembro BMW asina a Kubica como terceiro piloto, en f1racing.net.