O castelán guatemalteco é a variedade do castelán falado en Guatemala. Foneticamente, presenta yeísmo para o /ll/ e o /y/. O seseo, ao igual que no castelán de América Latina, tamén se dá ocasionalmente, sobre todo nas clases populares. En Guatemala é adoito o uso de voseo, característica principal do país. É falado por 16,8 millóns de persoas (2018).

En Guatemala, o castelán é oficial, mais tamén é empregado como segunda ou terceira lingua por moitos dos seus habitantes, xa que a súa poboación está composta por unha gran variedade de grupos étnicos que conforman arredor do 41 % do total da poboación. Existen 25 linguas no país en total: 22 delas son linguas maias, faladas principalmente nas áreas rurais, o xinca (illada) falado no sueste do país, o garífuna (parte das linguas arauacas) falado na costa do Atlántico e o castelán na súa maioría nas áreas urbanas.http://traduccion.trustedtranslations.com/espanol/traduccion-al-espanol/guatemalteco.asp En Guatemala, o 60 % fala castelán como lingua materna, e en total, o 86,40 % como primeira ou segunda lingua.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Dialectos da lingua castelá de América Categoría:Linguas de Guatemala