Adaloaldo, nado en 602 e finado en 626, foi un rei longobardo de Italia que reinou de 616 a 626. Traxectoria Fillo e sucesor do rei Axilulfo e da princesa católica Teodelinda, foi bautizado ao pouco de nacer en 603 e logo, convertido en rei, reina baixo a rexencia e despois a influencia da súa nai. É vencido en 626 polo partido longobardo hostil á Igrexa, dirixido polo nobre ariano Arioaldo, que toma o poder.

Adaloaldo morre misteriosamente en Rávena pouco despois, nese mesmo ano.

Véxase tamén Outros artigos

Reino longobardo. Longobardos.

Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:Reis longobardos Categoría:Nados en 602 Categoría:Finados en 626