O cervo acuático (Hydropotes inermis) é unha especie de cervo pequeno con máis semellanzas cos cervos almiscreiros que coa familia dos cérvidos. Orixinario da China e Corea, existen dúas subespecies: a chinesa (Hydropotes inermis inermis) e a coreana (Hydropotes inermis argyropus). Malia certas peculiaridades anatómicas, que inclúen un par de cairos prominentes, e a súa carencia de hastas, é clasificado como un cervo. Os seus trazos anatómicos únicos levaron a que fose clasificado no seu propio xénero (Hydropotes) así como na súa propia subfamilia (Hydropotinae). Porén, estudos de secuencias de ADN mitocondrial e de citocromo b sitúano preto do grupo Capreolus, dentro da sección do Vello Mundo da subfamilia Capreolinae. Os seus prominentes cairos, semellantes aos dos cervos almiscreitos, provocaron que ámbalas dúas subespecies sexan chamadas coloquialmente "vampire deer" (cervo vampiro) en áreas anglófonas ás que foron importados. A especie está clasificada como vulnerable pola IUCN. Foi descrita por vez primeira no mundo occidental por Robert Swinhoe en 1870.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Hydropotes inermis - Chinese water deer – archive at the Internet Archive Wayback Machine Chinese Water Deer Foundation

Categoría:Mamíferos de Corea Categoría:Mamíferos da China Categoría:Mamíferos de Asia Categoría:Cérvidos Categoría:Animais descritos en 1870