Edward Thomas, nado o 31 de decembro de 1813 en Londres e finado o 10 de febreiro en 1886 en Kensington, Gran Londres, foi un funcionario inglés da East India Company coñecido polos seus traballos sobre numismática e antigüidades da India.Lane-Poole, S. (1885-1900).Cooper, T. (1884).
Traxectoria Edward Thomas era fillo do cirurxián galés Honoratus Leigh Thomas (1769-1846) e foi educado na East India College en Haileybury, Hertfordshire, unha institución académica onde se preparaban os futuros funcionarios da India Británica.Cooper, T. (1884). Páxina 1.041."Haileybury College". En The New International Encyclopædia. 1905.
Trasladouse á India en 1832 para prestar os seus servizos en Bengala, mais a súa má saúde obrigouno a pasar varias tempadas de baixa médica en Inglaterra. Este problema motivou que tivese que rexeitar o posto de secretario de Asuntos Exteriores do Goberno da India que lle ofreceu o administrador colonial, Lord Dalhousie, en 1852.
Logo de exercer durante un curto período como xuíz en Delhi, Thomas foi nomeado xuíz superintendente dos territorios de Saugor e Nerbudda, ata que se retirou en 1857.Cooper, T. (1884). Páxina 1.042.
A partir do seu retiro, dedicouse en exclusiva ás actividades académicas, sobre todo acudindo a reunións en sociedades eruditas e escribindo sobre arqueoloxía e numismática asiáticas. Durante catro décadas foi membro da Asiatic Society, da que exerceu como tesoureiro durante 25 anos.
Edward Thomas morreu en Kensington, no distrito de Kensington e Chelsea, no Gran Londres, o 10 de febreiro de 1886.
Recoñecementos Como resultado dos seus traballos, Tomas foi elixido en 1871 membro da Royal Society e en 1884 foi nomeado Compañeiro da Orde do Imperio da India. Entre outras institucións académicas, foi tamén membro correspondente do Instituto de Francia (1873) e membro honorífico da Academia Rusa, en San Petersburgo.
Premios (1885): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións Thomas está considerado como un autor de estudos anovadores en varias áreas do saber, como a numismática (cuñaxes bactrianas e indoescíticas, e moedas sasánidas), a metroloxía india, ou as xoias e as inscricións persas. Moitos dos seus numerosos artigos apareceron publicados na revista Numismatic Chronicle, da Royal Numismatic Society (entre 1847 e 1883) e tamén no Journal of the Royal Asiatic Society."Edward Thomas (1813-1886)". BnF.fr"Thomas, Edward 1813-1886 ". Digital Library Numis."Thomas, Edward 1813-1886". WorldCat Identities.
Escolma de monografías (1848). The epoch of the Sah kings of Surashtra, illustrated by their coins. T. R. Harrison, Londres. (1858). Essays on Indian antiquities, historic, numismatic and palaeographic. Vol. I. (con J. Prinsep). J. Murray, Londres. (1858). Essays on Indian antiquities, historic, numismatic and palaeographic. Vol. II. (con J. Prinsep). J. Murray, Londres. (1866). The initial coinage of Bengal, introduced by the Muhammadans on their conquest of the country, A.H. 600 to 800 (A.D. 1203-1397). S. Austin, Hertford. (1868). Early Sassanian Inscriptions, seals and coins. Trübner, Londres. (1871). Chronicles of the Pathán Kings of Delhi, ilustrated by coins, inscriptions and othes antiquarian remains. Trübner, Londres (1871). The revenue resources of the Mughal Empire in India. Trübner, Londres. (1873). The initial coinage of Bengal under the early Muhammadan conquerors. Part II: embracing the preliminary period between A.H. 614-634 (A.D. 1217-1236-7). Trübner, Londres. (1874). Ancient Indian Weights [serie International Numismata Orientalia, parte 1]. Trübner, Londres. (1876). Records of the Gupta Dinasty, ilustrated by inscriptions, written history, local tradition and coins. Londres. (1877). Jainism or The Early Faith of Asoka. Trübner, Londres.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lane-Poole, S. (1885-1900). "Thomas, Edward". En Dictionary of National Biography. Vol. 56. Smith, Elder & Co., Londres. Páxina 178. Cooper, T. (1884). "Thomas, Edward". En Men of the Time. A Dictionary of Contemporaries. 11ª ed. Routledge, Londres. Páxina 1.041-1.042.
Categoría:Nados en 1813 Categoría:Finados en 1886 Categoría:Nados en Londres Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Personalidades sen imaxes