Ratchis (ou Rachis) foi un rei longobardo de Italia, que reina de 744 a 749 e por segunda vez de 756 a 757. Antes fora duque de Friúl (desde o 739 a 744). Traxectoria Máis diplomático que guerreiro, busca a paz co Papado e o Imperio Bizantino, cousa que desencadea unha forte oposición dunha gran parte da nobreza longobarda, que desexaba unha política «dura» do rei Liutprando. Impopular, prefire abdicar e retirarse coa súa familia ao mosteiro de Monte Cassino.

En decembro de 756, tras a morte accidental do seu irmán Aistulfo, volve ao trono, antes de renunciar definitivamente ao poder en 757.

Véxase tamén

Outros artigos Reino longobardo. Longobardos.

Categoría:Reis longobardos Categoría:Finados en 757 Categoría:Duques de Friúl