Peter Lowenbrau Griffin é unha personaxe de debuxos animados da serie de animación americana Family Guy. A súa voz orixinal é a de Seth MacFarlane, creador e guionista da serie. Peter é o cabeza de familia dos Griffin. Está casado con Lois e é pai de tres fillos: Stewie, Chris e Meg. Os seus pais son Rose e Francis Griffin.

Categoría:Personaxes de Family Guy