A Forza Aérea da India (IAF) é a rama aérea das Forzas Armadas da India. O seu complemento de persoal e avións ocupa o cuarto lugar entre as forzas aéreas do mundo. A súa misión primaria é a de asegurar o espazo aéreo indio e o de realizar guerra aérea durante un conflito armado. Creouse oficialmente o 8 de outubro de 1932 como unha forza auxiliar do Imperio Británico que honrou o servizo da aviación da India durante a segunda guerra mundial co prefixo Royal (Real). Despois de que o país gañase a súa independencia do Reino Unido en 1947, mantívose o nome de Real Forza Aérea da India e servía no nome do Dominio da India. Coa transición do goberno a unha república en 1950 quitouse o prefixo Royal.
Dende o ano 1950 a IAF participou en catro guerras contra o veciño Paquistán e nunha contra a República Popular da China. Outras grandes operacións na que participou a IAF foron a Operación Vijay, a Operación Meghdoot, a Operación Cactus e a Operación Poomalai. A Forza Aérea da India tamén participou en misións de paz das Nacións Unidas.
O Presidente da India mantén o rango de Comandante Supremo da IAF. No ano 2017 o seu persoal en servizo era de 139 576 membros. O Xefe do Estado Maior Aéreo, un mariscal xefe do aire, é un oficial de catro estrelas responsable da maior parte do mando operativo da Forza Aérea. Nunca hai máis dun mariscal xefe do aire servindo nun momento dado na IAF. O rango de Mariscal da Forza Aérea foi conferido polo Presidente da India nunha ocasión na historia, a Arjan Singh. O 26 de xaneiro de 2002 Singh converteuse no primeiro, e polo de agora único, oficial de cinco estrelas da IAF.
Inventario +AviónOrixeTipoVarianteEn servizoNotasAvións de combateMikoyan MiG-21Unión SoviéticaInterceptorBison 54SEPECAT JaguarReino UnidoAtaque a terraIM/IS 118Sukhoi Su-30 Rusia MultirrolSu-30MKI 261 272 entregados. 12 pedidosMikoyan MiG-29RusiaMultirrolMiG-29UPG 65 21 pedidosHAL TejasIndia MultirrolMk.1 18 22 pedidosDassault Mirage 2000Francia Multirrol2000 H/I 45Dassault Rafale Francia MultirrolEH/DH 8 28 pedidosAWACSEmbraer EMB-145BrasilAEW&C 2 Equipados cun sistema AEW&C desenvolvido por DRDO. 1 pedidoBeriev A-50 Unión Soviética AEW&CA-50EI 3 Equipados co rádar EL/W-2090. 2 pedidosRecoñecementoBoeing 707 Estados UnidosVixilancia 1Global 5000 Estados UnidosELINT 2Gulfstream G100Israel Vixilancia1125 Astra 2Guerra electrónicaGulfstream III Estados UnidosEW / ELINTSRA 3Abastecemento en vooIlyushin Il-78 Unión SoviéticaAbastecemento en vooIl-78MKI 6 Equipados cun sistema de trasferencia de combustible israelíTransporteBoeing 777Estados UnidosVVIP777-300ER2Usados como Air India One para voos presidenciaisBoeing 737Estados UnidosTransporte VIP737-7003Boeing C-17Estados UnidosCargueiro estratéxico 11Ilyushin Il-76Unión SoviéticaCargueiro estratéxicoIl-76MD14Antonov An-32UcraínaTransporteAn-32/32RE 10453 son da variante 32REEmbraer Legacy 600BrasilTransporte VIP4Dornier Do 228Alemaña Transporte 228-201504 pedidosC-130J Super Hercules Estados UnidosCargueiro tácticoC-130J-3011Hawker Siddeley HS 748Reino Unido Transporte 57HelicópterosBoeing AH-64 Estados UnidosAtaqueAH-64E 22Mil Mi-24 Rusia AtaqueMi-24/25/35 15HAL Rudra IndiaArmado 12 4 pedidosHAL Dhruv IndiaUtilitario 91 20 pedidosMil Mi-17 Rusia UtilitarioMi-17V-5 223Mil Mi-26RusiaUtilitario3HAL Chetak Francia Enlace 77 Versión baixo licenza do Alouette IIIHAL Cheetah India Utilitario 17 Versión baixo licenza do SA315B LamaBoeing CH-47 Chinook Estados Unidos TransporteCH-47F 15Avións de adestramentoPilatus PC-7Suíza Adestrador básicoMk II 75HAL Kiran India Adestrador intermedio 78BAE Hawk Reino Unido Adestrador a reacción avanzadoHawk 132 104SEPECAT Jaguar Reino Unido/FranciaAdestrador de conversiónIB 30Mikoyan MiG-21 Unión Soviética Adestrador de conversiónU/UM 39UAVIAI Harop IsraelDrone suicidaIAI Heron Israel Vixilancia Heron 1 68IAI Searcher Israel Vixilancia Mk. I / II 108DRDO Lakshya IndiaDrone obxectivo 39Avións históricosDouglas Dakota DC 3USATransporte1Bautizado como "Parshurama"de Havilland DH82 Tiger MothUKAdestrador1
Notas
India Categoría:India