The Return of Jafar (tamén coñecido como Aladdin and the Return of Jafar ou Aladdin 2: The Return of Jafar) é un filme estadounidense de 1994 producido por Walt Disney Pictures e Disney Television Animation. É a primeira secuela do filme de 1992 Aladdin, e serviu como o piloto da serie de animación. Estreouse o 20 de maio de 1994, sendo o primeiro filme de Disney lanzado directamente en formato vídeo, e o primeiro filme estadounidense en lanzarse neste formato. Gilbert Gottfried, Jonathan Freeman, Scott Weinger e Linda Larkin retoman os seus papeis do filme orixinal, con Jason Alexander e Dan Castellaneta (en substitución de Robin Williams) uníndose ao elenco.
Malia que o filme recibiu valoracións dispares e negativas, vendeu máis de 15 millóns de copias de VHS, recadando máis de 300 millóns de dólares sobre un orzamento de preto de 5 millóns, o que o converte no filme máis exitoso de tódolos lanzados neste formato na historia.
Personaxes Gilbert Gottfried como Iago Jason Alexander como Abis Mal Jonathan Freeman como Jafar Scott Weinger como Aladdin Brad Kane como Aladdin (voz de canto) Linda Larkin como Princesa Jasmine Liz Callaway como Princesa Jasmine (voz de canto) Dan Castellaneta como Genie Frank Welker como Abu e Rajah Val Bettin como Sultán Jim Cummings como Razoul
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América