José Gómez Veiga, coñecido como José Gómez Curros e Pepe Curros, nado en Santiago de Compostela o 10 de agosto de 1864 e finado en Vigo o 12 de outubro de 1946,El Correo Gallego, 16-10-1946, p. 3. foi un músico e compositor galego.

Traxectoria Fillo de José Gómez "Curros" e Ramona Veiga Mosquera. Iniciouse na música aos dez anos co maxisterio do seu pai e completou a súa formación con Andres Gómez Cidre, Mariano Tafall e Hilario Courtier. Desempeñou o cargo de segundo violín no Teatro Principal e na Capela catedralicia. A partir de 1880 participou como xurado en certames e en 1884 obivo o primeiro premio nun certame de violín de Santiago de Compostela. Formou unha orquestra e varias agrupacións de cámara: dúo, cuarteto, quinteto e sexteto, co que gañou un premio nun concurso en Pontevedra (1889). Foi director da Tuna compostelá varios anos e fixo con ela viaxes por Galicia o resto de España e Portugal. Fundou sociedades de concertos para ofrecer actuaciós de forma periodica. En 1893 foi nomeado profesor de violín da escola de música da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, da que foi director en 1912. Tamén foi profesor do Colexio de Sordomudos e de Cegos de Santiago de Compostela (1891-1944). Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes da Coruña en 1944.

Compositor

Compuxo melodías galegas para canto e piano e pezas para estudiantina. Entre as súas obras máis coñecidas destacan a zarzuela De regreso de Pascuas con Jesús García e as cancións "Rompe o día” e “La Aurora del Combate”. As súas partituras foron interpretadas en cafés, teatros e igrexas de Compostela. Recoñecementos Medalla do Traballo do Concello de Santiago de Compostela, 1935.

Vida persoal

Casou con Concepción Posada Román e foi pai de José Gómez Posada-Curros.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Pepe Curros Músico e Compositor de Santiago

"José Gómez Veiga" "curros"" (1864-1946): un icono del patrimonio musical compostelano"

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en 1864 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes