Abraham Carreiro Fernández, nado en Vigo en 1981, é un debuxante e escritor galego.

Traxectoria Formouse como debuxante en Barcelona, na escola Joso e na escola Massana. Profesionalmente traballa como debuxante, ilustrador e deseñador gráfico.

En 2016 fundou a revista infantil e xuvenil O Papagaio.

Obras Infantil e xuvenil Estudios Tex. O mundo dos debuxos animados. (Moito conto, 2013). Xoeliki : as aventuras dun ciberpirata (Sotelo Blanco, 2011), premiado na novena edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento, na categoría xuvenil. Traducido ao catalán en 2014 (Tres i Quatre). Xoeliki: o grande apagamento (Sotelo Blanco, 2012) Xoeliki: os ordenadores apagados (Moito conto, 2017) a colección Contos que len outros nenos do mundo, editada por A Nosa Terra, O cazador de Cambodia (2009) Latcho Drom (2009) As espiñas do porco espiño (2010), premiado na oitava edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento na categoría infantil. A fortuna de Bartolomeu, A Nosa Terra. Un sol de mascota Xanardán e a becha, A Nosa Terra. Grandes contra pequenos, A Nosa Terra. O corvo do chapapote, A Nosa Terra.

En colaboración con Pepe Carreiro Canda o pai, Pepe Carreiro, produciu a serie Os pequenos Barbanzóns (Ed. Toxosoutos)

Ilustrador Fernando Pereira: sempre por Galicia (Ir Indo, 2010) Perfume for the Widow. (álbum de banda deseñada guionizado por Diego Sieiro, 2015) Tamén ten feito outros labores de ilustración, desde o deseño de mascotas ou libros ilustrados para concellos, até a colaboración en prensa periódica, como na revista Tempos novos.

Vida persoal O seu pai é o tamén debuxante Pepe Carreiro.

Notas

Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deseñadores gráficos