Orbiting Vehicle 3 ou OV3 foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados entre 1966 e 1967.

Características Os satélites OV3 tiñan forma octogonal e todos foron lanzados mediante foguetes Scout B.

Misións OV3 1: investigou os cintos de radiación e levou a bordo experimentos para estudar campos. Os experimentos eran unha copia dos da misión OV2 1. OV3 2: experimentos para estudar as partículas de baixa enerxía dos cintos de radiación (espectrómetro de masas, analizador de potenciais retardados, sonda Langmuir e magnetómetro triaxial). OV3 3: experimentos para estudar os cintos de radiación (copa de Faraday, dous telescopios direccionais, tres espectrómetros, un magnetómetro e un receptor VLF). OV3 4 ou PHASR (Personal Hazards Associated with Space Radiation): levaba un experimento con seis cámaras de ións equivalentes a tecido biolóxico, dous espectrómetros de cinco canais, dous espectrómetros de partículas cargadas e un magnetómetro. OV3 5 ou ATCOS 1 (Atmospheric Composition Satellite 1): levaba dous espectrómetros de masas, tres indicadores de ionización e dúas sondas de impedancia. OV3 6 ou ATCOS 2 (Atmospheric Composition Satellite 2): levaba unha instrumentación idéntica a OV3 5.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasOV3 122 de abril de 1966Scout BÉxitoOV3 4 (PHASR)10 de xuño de 1966Scout BÉxitoOV3 34 de agosto de 1966Scout BÉxitoOV3 228 de outubro de 1966Scout BÉxitoOV3 5 (ATCOS 1)31 de xaneiro de 1967Scout BFalloOV3 6 (ATCOS 2)5 de decembro de 1967Scout BÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Scout B Orbiting Vehicle 1 Orbiting Vehicle 2 Orbiting Vehicle 4 Orbiting Vehicle 5

Categoría:Satélites artificiais