Laspra, en asturiano e oficialmente Samartín de L'Aspra,Determinación de los topónimos oficiales del concejo de Castrillón . é unha parroquia civil do concello de Catrillón, no Principado de Asturias.

Xeografía Situada na zona norte do concello, limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste coa parroquia de Salinas, ao sur e o sueste coa de Quiloño, e ao oeste coas de Santa María del Mar e Santiago del Monte.

A ela pertence a vila de Piedras Blancas, a capital do concello.

Ocupa unha extensión de 4,36 km² e, segundo o censo de 2018, contaba cunha poboación de 11 576 habitantes,Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales. Instituto Nacional de Estadística. polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 2 627,29 hab./km². A súa poboación representaba o 51,19 % do concello de Castrillón.

Subdivisións A parroquia comprende 1 vila, 3 pobos e 8 lugares.

Segundo o nomenclátor de 2009, a parroquia estaba formada polas poboacións de: Piedras Blancas (vila): 9 544 habitantes. San Martín de Laspra (Samartín de L'Aspra) (pobo): 240 habitantes. Valboniel (pobo): 136 habitantes. Vegarrozadas (pobo): 315 habitantes. Arnao (Arnáu) (lugar): 175 habitantes. Camino Quiloño (Quiloñu) (lugar): 7 habitantes. Campiello (Campiellu) (lugar): 48 habitantes. La Castañalona (lugar): 399 habitantes. Las Piñeras (lugar): 19 habitantes. El Pontón (lugar): 634 habitantes. Quinta del Misterio (La Quinta'l Misteriu) (lugar): 0 habitantes. Villar (lugar): 59 habitantes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Castrillón, Asturias Piedras Blancas, España

Ligazóns externas Sociedad Asturiana de Estudios Económicos e Industriales. Nomenclátor de entidades de población de Asturias 2008. Consultado o 27 de decembro de 2020.

Categoría:Lugares de Asturias