A Forza Aérea Soviética (ruso: Военно-воздушные силы, Voyenno-vozdushnye sily) foi unha das forzas aéreas da Unión Soviética. A outra foi a Forza de Defensa Aérea Soviética. Formouse a partir de compoñentes da Forza Aérea Imperial Rusa en 1917 e enfrontouse á súa gran proba de fogo durante a segunda guerra mundial. Tamén participou na guerra de Corea e disoulveuse coa desaparición da Unión Soviética en 1991-1992. Os activos da antiga Forza Aérea Soviética dividíronse posteriormente entre as distintas forzas aéreas de antigas repúblicas soviéticas, incluída a nova Forza Aérea de Rusia.

Orixes A Forza Aérea fundouse o 24 de maio de 1918 como a Frota Aérea Vermella dos Traballadores e Labregos (Glavvozduhflot) e recibiu o status de departamento de nivel superior de "Dirección Principal".

Converteuse na Dirección das Forzas Aéreas da USSR o 28 de marzo de 1924, encomendándolle as tarefas de instrución e adestramento de combate e suministrándolle equipamento especial. Posteriormente designouse Dirección da Forza Aérea do Exército Vermello en xaneiro de 1925. A súa influencia no deseño de aeronaves fíxse gradualmente maior. Dende os seus primeiros días a forza aérea imitou a organización das forzas terrestres, especialmente nos anos 30, momento no que estaba composta por exércitos aéreos, corpos de aviación, divisións de aviación e rexementos de aviación.

Tras a creación do estado soviético fixéronse moitos esforzos para modernizar e aumentar a produción de avións, liderados polo carismático e enérxico comandante, o xeneral Yakov Alksnis, que finalmente sería vítima da Gran Purga de Iosif Stalin. A fabricación doméstica de aeronaves incrementouse significativamente a principios dos anos 30 e cara ao final da década a Forza Aérea Soviética introduciu os cazas Polikarpov I-15 e I-16 e os bombardeiros Tupolev SB, SB-bis e Ilyushin DB-3.

Guerra civil española Unha das primeiras grandes probas para a Forza Aérea Soviética chegou en 1936 coa guerra civil española, na cal os deseños soviéticos e alemáns máis modernos empregáronse para loitar entre eles. Ao principio do conflito o I-16 demostrou ser superior a calquera caza da Luftwaffe, e conseguiu acadar a superioridade aérea en todos os teatros nos que foi usado. Porén, os soviéticos negáronse a subministrar o avión en cantidades axeitadas e as súas capacidades malgastáronse debido ao seu uso limitado. Posteriormente os Bf 109 entregados ás forzas aéreas franquistas aseguraron a superioridade aérea ao bando nacional ata o final da guerra. As derrotas en España coincidiron coa chegada da Gran Purga de Stalin entre as filas do corpo de oficiais e altos mandos militares, que afectou gravemente ás capacidades de combate das Forzas Aéreas en rápida expansión. Os novos oficiais promovidos carecían de experiencia de mando, mentres que os comandantes máis vellos, testemuñas do destino do xeneral Alksnis e doutros mandos, normalmente só enviaban decisión menores para a súa aprobación en Moscova, e insistían en que os seus pilotos debían cumprir estritamente os procedementos estandarizados e prodicibles no ataque e na defensa.

Aviación e propaganda nos anos 30 Entre os anos 1933 e 1938 o goberno soviético planeou e financiou misións para bater numerosos récords mundiais de aviación. Non se fixo só para demostrar os progresos tecnolóxicos da URSS, senón tamén para lexitimizar o sistema socialista. Con cada novo éxito a prensa soviética proclamaba vitorias para o socialismo, popularizando a mitoloxía da cultura da aviación entre as masas. Ademais os medios soviéticos idealizaron os pilotos que bateron eses récords, exaltándoos non só como modelos para a sociedade, senón tamén como símbolos de progreso cara ao futuro utópico socialista.

Heroísmo positivo A principios dos anos 30 o enfoque ideolóxico afastouse da propaganda colectivista cara ao "heroísmo positivo".Palmer, Scott (2006). Dictatorship of the Air: Aviation Culture and the Fate of Modern Russia. Cambridge, Nova York: Cambridge University Press. p. 220 En vez de glorificar o colectivismo socialista como medio de progreso social, o Partido Comunista da Unión Soviética comezou a animar aos individuos a cometer actos heroicos que promovesen a causa do socialismo.Palmer, Dictatorship of the Air, p. 220 No caso da aviacióno goberno comezou a glorificar ás persoas que usaban a tecnoloxía da aviación en vez de glorificar a propia tecnoloxía. Pilotos como Valery Chkalov, Georgy Baydukov, Alexander Belyakov e Mikhail Gromov, entre outros moitos, foron elevados ao status de heróes polas súas habilidades e logros aos mandos dun avión.

Voos transpolares de 1937 miniatura|Selo que conmemora o primeiro voo transpolar En maio de 1937 Stalin encargoulles aos pilotos Chkalov, Baydukov e Belyakov a misión de realizar o primeiro voo transpolar da historia.Palmer, Dictatorship of the Air, p. 223 O 20 de xuño dese ano os aviadores aterraron o seu ANT-25 en Vancouver, Washington. Un mes despois Stalin ordenou a partida dunha segunda tripulación para empurrar aínda máis os límites da tecnoloxía da aviación moderna. n xullo de 1937 Mikhail Gromov, xunto cos tripulantes Sergei Danilin e Andrei Yumashev, completaron a mesma viaxe sobre o polo norte e continuaron ata o sur de California, establecendo o novo récord do voo máis longo sen escalas.Palmer, Dictatorship of the Air, p. 230

A reacción do público aos voos transpolares foi eufórica. Os medios chamaron aos pilotos "cabaleiros bolxeviques da cultura e do progreso".Bailes, Kendall (xaneiro de 1976). "Technology and Legitimacy: Soviet Aviation and Stalinism in the 1930s". Technology and Culture. 17 (1): 63 Os cidadáns soviéticos celebraban o Día da Aviación o 18 de agosto co mesmo celo que o aniversario da Revolución de Outubro.Bergman, Jay (xaneiro de 1998). "Valerii Chkalov: Soviet Pilot as New Soviet Man". Journal of Contemporary History. 33 (1): 136 Xurdiu un tipo de literatura que incluía poemas, relatos curtos e novelas que celebraban as fazañas de aviadores famosos. Películas como Vitoria, Contos de aviadores heroicos, e Valery Chkalov reforzaron a imaxinería do "heróe positivo", celebrando a individualidade dos aviadores dentro do contexto dun goberno socialista.Fitzpatrick, Sheila (1999). Everyday Stalinism: Ordinary Life in Extraordinary Times: Soviet Russia in the 1930s. New York: Oxford University Press. p. 73

Temas folclóricos na propaganda da aviación A propaganda soviética, artigos de xornais e outras formas de medios buscaron conectar aos cidadáns con temas relevantes da vida diaria. Para a aviación os propagandistas de Stalin inspiráronse no folclore ruso. Os exemplos aumentaron drasticamente tras os éxitos dos voos transpolares de Chkalov e Gromov en 1937. Os aviadores foron referidos simbolicamente como sokoly (falcóns), orly (aguias), ou bogatyry (guerreiros).Palmer, Scott (2005). "Icarus, East: The Symbolic Contexts of Russian Flight". The Slavic and East European Journal. 49 (1): 38 Os xornais contaban narracións tradicionais rusas (skazki) de aviadores conquistando o tempo e o espazo (prostranstvo), superando barreiras e completando triunfantes as súas misións.Palmer, Icarus, east, p.39 Incluso a historia de cada aviador suxire raíces na vella narrativa rusa (heróes virtuosos que loitan por acadar un obxectivo final, atopando e superando calquera obstáculo no seu camiño). Co uso da retórica do folclore Stalin e os propagandistas soviéticos conectaron os logros da aviación coa herdanza rusa, facendo parecer á aviación máis accesible ao pobo soviético. Ademais, as narracións enfatizan a abnegación e devoción dos aviadores a un ideal socialista superior, apuntando aos líderes soviéticos como inspiradores e modelos. miniatura|Stalin, Chkalov e Belyakov O paternalismo tamén foi un tema que os propagadistas soviéticos explotaron na cultura da aviación. Os medios presentaban a Stalin como un exemplo e unha inspiración, unha figura paternal e un modelo a seguir para os pilotos soviéticos máis importantes da época.Bergman, p.149 Cando relataban historias de encontros entre Stalin e Chkalov, por exemplo, os xornais soviéticos falaban do paternalismo de Stalin cara ao novo piloto. A metáfora paternal completouse engadindo unha figura maternal, Rusia, a patria, que producira os fillos heroicos do "pai" Stalin, como Chkalov.

O uso de metáforas familiares non só evocaban o orgullo tradicional hereditario e o patriotismo histórico ruso, senón que impulsaron a imaxe de Stalin como un líder benevolente. O máis importante é que o paternalismo serviu para promover a mensaxe da subordinación individual á autoridade.Palmer, Icarus, east, 39 A través das súas relacións paternais cos pilotos soviéticos, Stalin desenvolveu un "espírito de deferencia e obediencia" para que a sociedade soviética o imitase.

Purgas Os exitosos logros na aviación soviétiva tamén se produciron durante os peores días da Gran Purga. Os voos transpolares do verán de 1937 ocorreron tras o arresto e execución dun gran número de oficiais do Exército Vermello.Bailes, pp.63-64 15 dos 16 comandantes do exército foron executados; máis de tres cuartas partes dos oficiais superiores da Forza Aérea foron detidos, executados eu relevados do servizo.Palmer, Dictatorship of the Air, p. 248 A cobertura de novas sobre as detencións foi relativamente pouca en comparación co tratamento das fazañas da aviación, que desviaron a atención dos arrestos.Bailes, p.64

Primeiros combates A Forza Aérea gañou algunha experiencia práctica en combate participando na guerra civil española e apoiando a China na súa guerra contra o Xapón. Pouco antes do inicio da guerra con Alemaña enviouse un grupo de voluntarios soviéticos a China para adestrar a pilotos da Forza Aérea da República da China para a súa guerra contra os xaponeses. Porén, esas experiencias demostraron pouco útiles na guerra de Inverno contra Finlandia en 1939, onde un relativamente pequeno número de pilotos da Forza Aérea de Finlandia derrubaron ducias de bombardeiros e cazas soviéticos. A Forza Aérea aprendeu rapidamente que os procedementos de defensa aérea derivados da guerra civil española, como formar círculos defensivos cando eran atacados, non funcionaban contra os fineses, que empregaban outras tácticas para derrubar aos seus opoñentes en grandes números. Os efectos da Gran Purga xogaron indudablemente un gran papel a lenta reacción da Forza Aérea e dos seus mandos nas novas realidades do combate aéreo. A industria soviética e a Forza Aérea aprenderían finalmente desas experiencias de combate, aínda que non antes da invasión alemá da Unión Soviética en 1941.

O 1 de xaneiro de 1941, seis mese antes da Operación Barbarossa, as Forzas Aéreas do Exército Vermello contaban con 363 900 efectivos, o que representaba o 8,65% de todo o persoal militar da Unión Soviética.

Os tres primeiros Exércitos do Aire, designados Exércitos do Aire de Propósito Especial, creáronse entre 1936 e 1938. O 6 de novembro de 1940 estes reformáronse como a Dirección de Aviación de Bombardeiros de Grande Alcance (ata febreiro de 1942) debido á falta de rendemento no combate durante o conflito contra Finlandia.

Fracasos iniciais contra Alemaña