Richard Wayne Penniman, máis coñecido coma Little Richard, nado en Macon (Xeorxia) o 5 de decembro de 1932 e finado en Nashville (Tennessee) o 9 de maio de 2020, foi un cantante estadounidense, un dos pioneiros do rock and roll.
Traxectoria Comezou a súa carreira musical na música relixiosa, que soubo converter nos anos cincuenta ó rock cun ritmo vertixionoso e unha forma de cantar salvaxe. El mesmo dixo que se consideraba o "arquitecto" do rock and roll, pero que a cor da súa pel afastárono da gloria que tiveron outros como Elvis Presley. O seu primeiro éxito foi "Tutti frutti" gravado en 1955. Despois de varios éxitos, "Good Golly, Mis Molly", "Long Tall Sally" ou "Lucille" en 1957 deixou a música para preparse para ser ministro evanxélico. En 1962 volveu os escenarios aínda que sen o éxito precedente.
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Macon, Xeorxia Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana