O Trofeo Teresa Herrera de 2020 foi a 75ª edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 20 de decembro de 2020 a partido único. O campión foi o Deportivo da Coruña, que derrotou por 6-0 a unha selección de xogadores coruñeses.

O torneo celebrouse en circunstancias especiais debido á pandemia por coronavirus, disputándose por primeira vez en decembro e cunha asistencia limitada a 1000 espectadores. Non se convidou a ningún equipo profesional, sendo o rival do Deportivo unha selección de xogadores dos equipos modestos da Coruña. Toda a recadación, así como o diñeiro que se investía habitualmente na fabricación do trofeo que non se entregou esta vez, foi destinada a obras benéficas, volvendo así ás orixes do torneo, que nacera 75 anos antes como xeito de recadar fondos para a mellora dos hospitais da cidade.

Participantes Deportivo da Coruña Combinado do Fútbol Afeccionado Coruñés

Combinado Coruñés O técnico Javier Bardanca seleccionou xogadores de trece equipos coruñeses, sendo o Silva SD o equipo que máis xogadores achegou, sete. Os xogadores do combinado e a súa procedencia foron os seguintes:

Silva SD: Damián, Brais Lema, Fiuza, Jacobo Lazcano, Kata, Rubén Rivera, João Paulo. Victoria CF: Edu De la Puente, Jorge Raña, Antón Garda. Atlético Arteixo: Santi, Álex Sánchez. Sporting Cambre: Diego López. Torre SD: Ezequiel. Montañeros: Juan. Orillamar SD: Samu. Sporting Coruñés: Pablo Jiménez. Imperátor: Gómez. Oza Juvenil: Sergio Canosa. Betanzos CF: Pelatti. Ural Español: Gon. Atlético dos Castros: Rifón.

Partidos

Final

Titulares: Lucho García Pescador Bergantiños Juan Rodríguez Héctor Hernández Borges Uche Gandoy Galán Rui Costa LaraSubstitucións: Pablo Brea Israel Manu Mosquera Adestrador: Fernando VázquezTitulares: Damián Ezequiel Rodrigo Ramos Fiuza Pablo Jiménez Juan Santi Álex Sánchez Pelatti Antón Garda Rubén Rivera Substitucións: Diego López Sergio Canosa Rifón Brais Lema Samu Gómez Gon Jacobo Lazcano Kata João Paulo Jorge Raña Adestrador: Javier Bardanca

Notas

Véxase tamén Outros artigos Trofeo Teresa Herrera Feminino 2020

Categoría:Fútbol en 2020 2020 Categoría:2020 en Galicia