PAGEOS 1 (acrónimo de Passive Geodetic Earth Orbiting Satellite) foi un satélite artificial da NASA lanzado o 24 de xuño de 1966 mediante un foguete Thor-SLV2A Agena-D desde a base Vandenberg da Forza Aérea.

Características PAGEOS 1 era unha esfera inflable de 30,48 m de diámetro sen instrumentación a bordo. Foi o segundo satélite, despois de GEOS 1, do Programa Nacional de Satélites Xeodésicos. A estrutura da esfera estaba formada por 84 varas de ata 48 m de longoe dúas tapas para os polos da esfera soportando unha capa de milar de 0,0127 mm de espesor.

A misión de PAGEOS 1 foi servir de obxectivo para medicións xeodésicas grazas á súa alta reflectividade tanto no rango de luz visible como para as microondas. Foi inxectado nunha órbita inicial de 4191 x 4276 km e reentrou na atmosfera o 2 de setembro de 2016.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Thor-SLV2A Agena-D GEOS 1

Categoría:Satélites artificiais