John Lynch Phillips, nado en Fort Belvoir, Virxinia, o 15 de abril de 1951, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-100, STS-119 e Soiuz TMA-6 e foi membro da Expedición 11 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Phillips graduouse en matemáticas pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1972 e é máster en sistemas aeronáuticos pola Universidade do Oeste de Florida en 1974. É máster e doutor en xeofísica e física espacial pola UCLA en 1984 e 1987 respectivamente.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en 1996, participando nas misións STS-100, STS-119 e Soiuz TMA-6 e sendo membro da Expedición 11 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 203,73 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-100 STS-119 Soiuz TMA-6 Expedición 11 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Virxinia