Javier Sotomayor Sanabria, nado en Limonar o 13 de outubro de 1967, é un atleta cubano retirado especializado en salto de altura .

Traxectoria Sotomayor naceu en 1967 na provincia de Matanzas. Comezou moi novo no salto de altura e aos catorce anos conseguiu superar a distancia de dous metros, trasladándose á Habana cunha bolsa da Escola de Deportes Avanzados. Con dezanove anos era o quinto mellor saltador do mundo.CubaNet – Cuba News, de Miami Herald publicado o xoves 5 de agosto de 1999; "Cuban athlete stripped of medal after drug test" ; consultado o 21 de febreiro de 2011.

Converteuse en campión do mundo júnior en 1986 en Atenas, e o récord que acadou nese momento (2,36 m) aínda é válido. Forzado a non asistir aos Xogos Olímpicos de Seúl de 1988 debido ao boicot político perpetrado por Cuba, ao ano seguinte gañou o Campionato Mundial de atletismo en pista cuberta en BudapestIAAF International Association of Athletics Federations – IAAF.org – Statistics – Top Lists e o Campionato ao ar libre en Porto Rico.

Converteuse no mellor saltador de altura de todos os tempos, obtendo unha medalla de ouro e outra de prata nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992SR/Olympic Sports; Athletics at the 1992 Barcelona Summer Games: Men's High Jump Final Round ; consultado o 21 de febreiro de 2011. e Sydney 2000; seis medallas de ouro nos Campionatos do Mundo de Atletismo de 1993 e 1997 (ao ar libre) e 1989, 1993, 1995 e 1999 (pista cuberta), así como tres medallas de prata en 1991 e 1995 (ao ar libre) e 1985 (pista cuberta) e unha de bronce 1991 (pista cuberta). Obtivo tres vitorias nos Xogos Panamericanos e nos Xogos Centroamericanos e do Caribe.

En 1993 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias dos Deportes.

En 1999, foi condenado a dous anos sen competir despois de que supostamente lle diagnosticaron cocaína durante unha proba antidopaxe nos Xogos Panamericanos de 1999 en Winnipeg. A Federación Internacional de Atletismo perdoou a sanción por "circunstancias excepcionais"The New York Times, 19 de agosto de 2000; "Olympics; Tainted Jumper Returns to Boos and One Medal"; consultado o 21 de febreiro de 2011. e con só tres meses de adestramento recibiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Sydney.

Aos 34 anos puxo fin a unha extraordinaria carreira durante a que cruzou o listón 24 veces nos 2,40 metros. En febreiro de 2004, nunha entrevista nos medios cubanos, Sotomayor afirmou que unha lesión forzara a súa retirada, que non tiña que ver co escándalo da dopaxe.Havana Journal, "Cuba Culture, News and Information", 11 de febreiro de 2004; "Javier Sotomayor Now Jumping to a Fast New Beat" ; consultado o 21 de febreiro de 2011.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados na provincia de Matanzas Categoría:Nados en 1967 Categoría:Premios Princesa de Asturias dos Deportes Categoría:Atletas olímpicos de Cuba Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Cuba Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Cuba Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000