Evaristo Freiría Fernández, nado en Randufe (Tui) en 1901 e finado en Prado (Ponteareas) o 14 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Empregado da Avícola do Porriño. Presidente da Casa do Pobo do Porriño. En maio de 1934 foi detido con Severiano Castillo Alonso, Modesto Martínez Lemos, Albino Fernández Castro, Camilo Fernández Castro, Ventura Fernández Castro, Manuel Rodríguez Sequeiros, Saturnino Álvarez Sotelino e Atilano Fernández Gamallo, polos sucesos do apedramento e rotura de cristais da igrexa parroquial do Porriño o 1 de maio, que derivou nun conflito con folga xeral e carga dos gardas de asalto.El Pueblo Gallego, 25-5-1934, p. 11. Xulgados en Pontevedra ante o Tribunal de Urxencia, foron absoltos.El País, 25-5-1934, p. 2.El Pueblo Gallego, 26-5-1934, p. 13.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O Xulgado militar de Tui citouno para que se presentase a principios de setembro xunto con Eduardo Fernández Miniño, Severiano Castillo Alonso, Antonio Alonso Ríos, Hermenegildo Losada Loureiro, Guillermo Vicente Santiago, Manuel Romero González, Ulpiano Benito Piña, José Felipe Muñoz, Jesús González González e José Bernardo Pérez Alonso.El Pueblo Gallego, 6-9-1936, p. 8. Foi declarado en rebeldía en causa militar. Foi detido no monte con Severiano Castillo a finais de agosto. Torturado, foi asasinado en Cordo, na parroquia de Prado do concello de Ponteareas, o 14 de setembro de 1936.
Vida persoal Casou con María Cabaleiro Diz, e foi pai de Segundo, Eugenia, Agustín, Mariano, Isidoro, María Victoria, Evaristo, Luís e Germán Freiría Cabaleiro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1936