Proceedings of the British Academy é unha serie de publicacións académicas sobre asuntos relativos ás humanidades e ás ciencias sociais, editada desde 1905, baixo os auspicios da Academia Británica. "Proceedings of the British Academy". The British Academy.

Historia A serie comezou a publicarse en 1905 e tivo unha periodicidade anual ata 1927.

Ata 1991, os volumes publicados consistían maioritariamente en textos de conferencias pronunciadas dentro das actividades da Academia Británica, así como obituarios e memorias biográficas dos membros da institución que ían falecendo. Mais a partir de 1992 os Proceedings convertéronse nunha serie carente de regularidade, con volumes constituídos por colleitas temáticas de artigos, derivados das conferencias pronunciadas na Academia.

Desde o curso 2011-2012, a publicación destes textos de conferencias trasladouse ao novo Journal of the British Academy, accesible en liña a través de Internet, en tanto que a sección de obituarios se transferiu á nova serie independente chamada Biographical Memoirs of Fellows of the British Academy."About the Journal of the British Academy ". The British Academy.Marshall, P. (2016). "Biographical Memoirs of British Academy Fellows". The British Academy. Como resultado desta reconstitución, a serie Proceedings of the British Academy pasou a centrarse desde ese momento na publicación de ensaios temáticos de carácter monográfico.

A serie foi publicada desde os seus inicios por Oxford University Press en nome da Academia Británica."Proceedings of the British Academy". Oxford University Press. A partir de 2012, o contido dos volumes que a constitúen tamén se inclúe en British Academy Scholarship Online."British Academy Scholarship Online". The British Academy.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Academia Británica

Ligazóns externas Proceedings of the British Academy

Categoría:Academia Británica Categoría:Cultura do Reino Unido Categoría:Xornais do Reino Unido Categoría:Xornais en lingua inglesa Categoría:Ciencias sociais