Pilar de Madariaga Rojo, nada en Madrid o 21 de abril de 1903 e finada o 6 de abril de 1995, foi unha das pioneiras españolas no campo da química durante a Idade de Prata do primeiro terzo do século XX en España, cuxa carreira investigadora e docente truncouse despois da guerra civil española. Exiliada nos Estados Unidos onde traballou como profesora de lingua española, chegando a obter o doutoramento en 1949 e a dirixir o Departamento de Estudios Hispánicos de Vassar College.

Traxectoria

Pilar de Madariaga Rojo era filla de José de Madariaga Castro, militar vinculado á Coruña, e de Ascensión Rojo. Irmá de Ascensión de Madariaga Rojo, fundadora de Lyceum Club Femenino, asociación feminista impulsada por María de Maeztu e mais de Salvador de Madariaga y Rojo.Tras cursar estudos no Colexio Alemán de Madrid e no Instituto Cardenal Cisneros, obtivo a licenciatura en química en 1929.

Ampliación de estudos Ao amparo da Junta de Ampliación de Estudios, estivo no Vassar College durante o curso académico 1929-1930. Os meses de verán pasounos na Universidade de Stanford en Palo Alto, California. Foi designada cónsul do comité pro Unión Federal de estudantes Hispanos, nos Estados Unidos. A memoria correspondente aos cursos 1928 a 1929 e 1929 a 1930 da Junta de Ampliación de Estudios recolle un informe da actividade de Pilar durante a súa estadía nesa Universidade:

Respecto da súa estancia en Universidade de Stanford, infórmase de que non houbo traballos de laboratorio, senón que se presentaron temas escritos sobre crítica da teoría electrónica da valencia e espectros de banda e a súa aplicación na determinación das calores de disociación.

De regreso a España, os seus coñecementos sobre espectroscopía e óptica física e sobre as técnicas que se empregaban nos Estados Unidos, foron decisivos para que a incorporasen á sección que dirixía Miguel Catalán no Instituto de Física e Química, tamén coñecido como Instituto Rockefeller

Pilar foi unha dás 36 mulleres, dun total de 158 persoas, contratadas polo Instituto de Física e Química, como bolseiras e colaboradoras. A maioría eran fillas de pais con profesións liberais ou titulados superiores. Só unha delas, Jenara Vicenta Arnal Yarza, era filla de xornaleiro e restaurador de pianos. A profesión da nai salvo nun caso, era a dos labores “propios do seu sexo”. Preto dun terzo son antigas alumnas do Instituto-Escola e tiñan sobresaliente e premio extraordinario na licenciatura.

Baixo a dirección do profesor Catalán, estudou o arco do molibdeno. Ademais, durante o curso escolar 1933-34, Pilar foi profesora de física e química, no instituto de ensino secundario de Puertollano. Ao mesmo tempo, continuou coas súas investigacións, concretamente, segundo refire un informe asinado por Catalán:

Exilio

Pilar Madariaga foi unha das docentes e investigadoras que puideron formarse nos Estados Unidos mediante o sistema de bolsas e pensións que formaban parte do marco para o desenvolvemento científico e académico da Junta de Ampliación de Estudos e que tiveron que exiliarse despois da guerra civil. A Orde de 19 de novembro de 1941 resolveu negativamente o expediente de depuración: Pilar de Madariaga cuxo último destino fora o Instituto Pérez Galdós, onde era encargada de curso, quedaba inhabilitada para o exercicio do ensino. Regresou aos Estados Unidos, ao Vassar College que coñecera como científica investigadora, e onde foi contratada para dar clases de español. Tivo que realizar outra carreira e obter o grao de doutora, que logrou coa súa tese doutoral, en 1949, sobre “As novelas de Azorín: Estudo dos seus temas e técnica”. Xubilouse en 1968, retirada da docencia e a investigación, volveu a España.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

MULLERES GALEGAS E CIENCIA NA REDE FORMATIVA UNIVERSITARIA en Cultura Galega

Categoría:Químicos de España Categoría:Nados en 1903 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Finados en 1995 Categoría:Pensionados da JAE Categoría:Profesores do Vassar College