Tiny Pretty Things é unha serie de televisión estadounidense de 2020 creada por Michael MacLennan. Está baseada na novela homónima escrita por Sona Charaipotra e Dhonielle Clayton. Estreouse en Netflix o 14 de decembro de 2020.

Produción Desenvolvemento O 6 de agosto de 2019, Netflix deu a orde de comezar a produción da serie, consistente en 10 episodios. A serie foi creada por Michael MacLennan, quen tamén é o produtor exectivo xunto con Kiliaen Van Rensselaer, Jordanna Fraiberg, Deborah Henderson, Gary Fleder, Gabrielle Neimand e Carrie Mudd. Felder tamén dirixiu o primeiro episodio da serie. As compañías de produción involucradas na serie son Insurrection Media e Peacock Alley Entertainment, Inc. A serie estreouse o 14 de decembro de 2020.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix