Manuel Villanueva de Castro, nado en Marín en 1957, é un xornalista galego.

Traxectoria Colaborador en medios de xornalismo escrito e radiofónico (Radio Pontevedra, Radio 80 Pontevedra), na década de 1980 comezou a traballar na Radio Galega e despois na TVG, onde foi asistente do director de programas ata 1989, e finalmente director de programas e emisións ata 1990. De aí trasladouse a Madrid, onde levou a dirección de programación de Telecinco. Uns anos despois, en 1996, foi nomeado director de programación e de antena de Canal +, onde permanecería até 2000.

Estivo durante dous anos (2000-02) como director de contidos de Antena 3 Televisión, e nese ano volveu a Telecinco como director xeral de contidos de Mediaset España.

Tamén foi docente en distintos programas universitarios en Cuba, na Universidade Complutense de Madrid e na Universidade de Salamanca.

Como xornalista, realiza contribucións a distintos medios especializados en gastronomía, así como a Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia ou La Región.

Notas

Enlaces externos

Categoría:Xornalistas de Marín Categoría:Nados en Marín Categoría:Galegos de Madrid Categoría:Nados en 1957 Categoría:Xornalistas gastronómicos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes