Petra Karin Kelly, nada en Günzburg o 29 de novembro de 1947 e finada en Bonn o 1 de outubro de 1992, foi unha política e activista pola paz alemá e unha das principais fundadoras da partido Alianza 90/Os Verdes.

Traxectoria esquerda|miniatura|Kelly e Otto Schily despois das eleccións de 1983 na RFA Petra Karin Lehmann naceu en Günzburg, Baviera, en 1947, e cambiou o seu apelido por Kelly tras casar a súa nai co que foi o seu padrasto, un oficial da armada estadounidense. Foi educada de moi nova na relixión católica nun convento de Günzburg e despois asistiu ao colexio en Xeorxia, ao radicarse a súa familia nos Estados Unidos. Viviu e estudou nos Estados Unidos entre 1959 e 1970.

Kelly foi admiradora de Martin Luther King, Jr. e fixo campaña a favor de Robert F. Kennedy e Hubert H. Humphrey nas eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 1968. Estudou ciencias políticas na School of International Service na denominada American University en Washington, D.C. dende 1966 e graduouse polo European Institute na Universidade de Ámsterdam en 1971. Mentres traballaba na Comisión Europea (1971-1983), participou en numerosas campañas a favor da paz e o medio natural en Alemaña e noutros países.

Kelly foi unha das fundadoras en 1979 do Partido dos Verdes (Die Grünen), o Bündnis 90 / Die Grünen. Entre os anos 1983 e 1990, foi membro do Bundestag polos Verdes. En maio de 1983 viaxou a Tenerife, onde apoiou coa súa firma o Manifesto de Tenerife, documento precursor do partido político dos Verdes españois.O partido foi finalmente constituído en novembro dese mesmo ano. A súa publicación coincidiu coa polémica sobre a pertenza de España na OTAN e o florecimiento dos diversos partidos verdes no resto de países europeos.Historia de Los Verdes Capítulo II: El Manifiesto de Tenerife, por Esteban Cabal.

Despois de traballar para a Comisión Europea, cambiou o traballo por unha praza de administración no Comité Económico e Social Europeo, onde loitou polos dereitos das mulleres.Petra Kelly By Josh Kamrar

Kelly recibiu o Right Livelihood Award (coñecido como o Premio Nobel Alternativo) en 1982 "...por forxar e implementar unha nova visión unindo os asuntos ecolóxicos co desarme, a xustiza social e os dereitos humanos". En 1987 escribiu o libro Fighting for Hope publicado por South End Press, que é un chamamento urxente por un mundo libre de violencia entre o norte e o seu, homes e mulleres, as persoas e a súa contorna.

En 1992 Petra Kelly faleceu asasinada en Bonn mentres durmía por un disparo aparentemente pola súa parella, o antigo xeneral da OTAN e político do partido verde Gert Bastian (nacido en 1923), que despois se suicidou. Ela tiña 44 e el 69. O seu corpo foi descuberto o 19 de outubro, mais determinouse que a data da morte foi arredor do día 1. Kelly foi enterrada en Waldfriedhof en Würzburg.

Legado A cidade de Bonn dedicoulle en abril de 2006 un recordatorio dunha vida dedicada á paz, cambiando o nome dunha parte da rúa Franz-Josef-Strauß-Allee por Petra-Kelly-Allee.

Co obxectivo de permitir que as ideas políticas de Petra Kelly e a súa mensaxe continuasen vivos, creouse en 1997 a fundación Petra Kelly como parte da fundación Heinrich Böll.Petra Kelly Stiftung A fundación Heinrich Böll mantén os arquivos de Petra Kelly e presenta, dende o ano 1998, o premio internacional Petra Kelly para os dereitos humanos, a ecoloxía e a política pola non violencia.Os arquivos da fundación poden consultarse en: http://www.boell.de/ e http://www.boell.de/en/13_archiv/356.html

En palabras do seu amigo, o Dalai Lama: “Petra Kelly foi designada para dedicar a súa vida e persoa na loita polos oprimidos, os débiles e os perseguidos da época en que vivimos. O seu espírito e legado de solidariedade humana e inquietude continúan a inspirarnos e animarnos a todos”.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Parkin, Sara. La Vida i Mort de Petra Kelly, Rius Oram Premsa/Pandora, 1995 () Saskia Richter. Dau Aktivistin: Das Leben der Petra Kelly. Deutsche Verlags-Anstalt, Múnic 2010, . Ligazóns externas Currículum Vitae con fotografía Happiness Is a Warm Gun Right Livelihood Petra Kelly Archives na fundación Heinrich Böll Programa de BBC4

Categoría:Nados en Baviera Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Políticos de Alemaña Categoría:Feministas de Alemaña Categoría:Activistas de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade Americana Categoría:Asasinatos en Alemaña