miniatura|200px|Éter loitando contra un xigante na Xigantomaquia (relevo no altar de Pérgamo)

Na mitoloxía grega, Éter era unha das deidades primordiais, personificación do ceo superior, onde a luz do sol é máis limpa que no ceo máis próximo á terra. É dicir, Éter sería o espazo situado por riba do ceo que vemos: segundo os Himnos homéricos, Helios (o Sol) habita no Éter, e tamén os Ventos sopran desde este lugar. Debe diferenciarse a Éter (esa rexión superior do ceo) do ceo propiamente dito, personificado en Urano.

Considérase fillo de Érebo (a Escuridade) e Nicte (ou Nix, a Noite), e irmán de Hémera (a luz do Día).

Outras tradicións, como recolle Hixino no prólogo ás súas Fábulas Prólogo a Fábulas, 3., narran que Éter se uniu a Hémera (o Día), e que de aí naceron Xea (a Terra), Urano (o Ceo) e Ponto (o Mar). Tamén naceron desta unión diferentes conceptos abstractos, que foron personificados na mitoloxía: a Dor, o Pesar, a Ira, a Astucia, a Mentira, o Xuramento, a Vinganza, o Esquecemento, a Covardía, o Medo, o Incesto, etc. E finalmente, tamén diferentes titáns (como Océano, Temis, Hiperión), e outros moitos personaxes mitolóxicos, como o Tártaro, os Ciclopes e os Hecatonquiros, Atlas, etc.

Segundo Cicerón, Éter era o pai de Xúpiter e de Urano (Grimal).

Notas

Véxase tamén Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.

Categoría:Deuses gregos Categoría:Deuses do ceo e do clima