Reporteiros Sen Fronteiras (RSF, en ) é unha organización non gobernamental e sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a protección do dereito á liberdade de información. Describe a súa defensa como baseada na crenza de que todo o mundo require acceso ás novas e á información, en liña co artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos que recoñece o dereito a recibir e compartir información sen importar as fronteiras, igual que outras cartas de dereitos internacionais.RSF Annual Report 2018, p5 RSF ten status consultivo nas Nacións Unidas, a UNESCO, o Consello de Europa e a Organización Internacional da Francofonía.

Actividades RSF traballa na defensa de xornalistas individuais en risco e tamén nos niveis altos dos gobernos e dos foros internacionais para defender o dereito á liberdade de expresión e á información. Achega informacións e notas de prensa diarias sobre ameazas á liberdade dos medios de comunicación en francés, inglés, castelán, portugués, árabe, persa e chinés e publica un compendio anual sobre a liberdade de prensa, o índice mundial da liberdade de prensa, que mide o estado da liberdade de prensa en 180 países. A organización proporciona asistencia a xornalistas en risco e adestramento en seguridade física e dixital, ademais de facer campañas para informar o público dos abusos contra os xornalistas e para asegurar a súa seguranza e liberdade. RSF fai presión sobre os gobernos e as organizacións internacionais para adoptar estándares e lexislación de apoio á liberdade dos medios de comunicación e toma accións legais na defensa dos xornalistas ameazados.RSF Annual Report 2018, pp14-16

Historia miniatura|Sede central de París RSF foi fundada en Montpellier en 1985 por Robert Ménard, Rémy Loury, Jacques Molénat e Émilien Jubineau. Foi rexistrada como unha organización sen ánimo de lucro en 1995. Ménard foi o primeiro secretario xeral de RSF, sucedido por Jean-Francois Juillard. Christophe Deloire foi nomeado secretario xeral en 2012.

Estrutura A sede central de RSF está en París. Ten trece oficinas rexionais e nacionais, incluíndo Bruxelas, Londres, Washington, Berlín, Río de Xaneiro e Dakar, e unha rede de 146 correspondentes. RSF Annual Report 2018, pp51-52 Emprega 57 persoas asalariadas en París e internacionalmente.RSF Annual Report 2018, p10 Un cadro directivo, elixido entre os membros de RSF, aproba as políticas da organización. Un consello internacional supervisa as actividades da organización e aprova as contas e o orzamento.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web

Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Asociacións de dereitos humanos Categoría:Xornalismo Categoría:Premio Sakharov