miniatura|160x160px|Portugués da ceca de Lisboa cuñado ca. 1499-1502 por Manuel I (anverso).
O portugués foi unha antiga moeda portuguesa de ouro,"Português". En Dicionário Estraviz. introducida por Manuel I no século XVI. Era a moeda de maior valor da Europa do seu tempo e foi moi imitada en diferentes estados do continente."Portuguez". En Frey, A. R. (1916). Páxina 189."Portogallese, Portugalöser, Portugais, Portuguez, Portoghese ". En Martinori, E. (1915)."Moeda rara: Português". Numisma Leiloões.
Historia A súa creación débese ao rei de Portugal Manuel I (1495-1521),"Português - Manuel I". Numista.com que a concibiu como un medio para conmemorar as descubertas portuguesas e a constitución do Imperio Portugués. A primeira vez que se cuñou foi pouco antes da viaxe de Vasco da Gama, que xa levou algunhas destas moedas na súa expedición á India en 1497.Trigueiros, A. M. (2016). Páxina 48.
Tratábase dunha emisión de prestixio para se utilizar en grandes transaccións comerciais, non na circulación cotiá, sinaladamente na adquisición de especias en Asia.
O fillo de Manuel I, Xoán III (1521-1557), fixo as dúas derradeiras emisións do portugués, unha delas en 1525 na ceca de Lisboa e a outra ca. 1537-1538 na ceca do Porto.Portugueses a nome de Xoán III: Lisboa (1525) e Porto (1537-1538). Numista.com"Monetary emissions of the reign of D. João III". En Lobo Vieira, R. M. (2000). Páxina 162. Estímase que se cuñaron arredor de 400.000 portugueses de ouro entre 1500 e 1538, equivalentes a 14,2 toneladas de ouro.
En novembro de 2011, a Imprensa Nacional-Casa da Moeda cuñou en cuproníquel unha tiraxe de 150.000 exemplares dunha réplica conmemorativa do portugués, co valor facial de 7,50 euros."Português de D. Manuel (normal)". Imprensa Nacional-Casa da Moeda."7½ Euro Numismatic Treasures - D. Manuel I of Portugal". Numista.com
Caracterización miniatura|160x160px|Portugués da ceca de Lisboa cuñado por Xoán III (reverso).
Estes son os trazos definitorios do portugués de ouro de Manuel I e de Xoán III:"Monetary emissions of the reign of D. Manuel I". En Lobo Vieira, R. M. (2000). Páxina 130.
Valor: 1 portugués = 10 cruzados = 4.000 reis. Peso: 35,5 g. Diámetro: 35 mm. Aliaxe: ouro de 989 milésimas. Anverso: armas de Portugal e lenda en dúas liñas: I:EMANVEL:R:PORTVGALIE:AL:C:VL:IN:A:D:GVINI / C.N:C.ETIIIOPIE'ARABIE'PERSIE INDE ("Manuel I, rei de Portugal e o Algarve, deste lado e alén do mar, señor da Guinea en África, señor da conquista, a navegación e o comercio de Etiopía, Arabia, Persia e a India"). Reverso: cruz da Orde de Cristo e lenda: +IN:HOC:SIGNO:VINCES ("con este sinal vencerás").
O portugalöser miniatura|310x310px|Portugalöser dos Países Baixos do século XVII.
O portugués de ouro acadou tal prestixio internacional, sinaladamente nas ricas cidades comerciais da Liga Hanseática, que moitos reinos e cidades do norte de Europa comezaron a cuñar as súas propias versións da moeda, coa denominación de portugalöser ou portugaleser, dotadas de diferentes valores, desde os 2,5 aos 10 ducados."Portuguez". En Frey, A. R. (1916). Páxinas 188-189. Con frecuencia, estas imitacións do portugués mantiñan como trazo característico a cruz de Cristo dos reversos.
Moito despois do cesamento da cuñaxe do portugués en Portugal, a emisión dos portugalöser continuou en Alemaña, nos Países Baixos, en Polonia, en Suecia e en Dinamarca durante o século XVII."Portugalöser" e "Portuguez". En Hazlitt, W. C. (1893). The Coinage of the European Continent: With an Introduction and Catalogues of Mints Denominations and Rulers. Vol. 1. Swan Sonnenschein. Páxina 225. Nos Países Baixos, as cidades de Deventer e de Zwolle producíronos entre 1640 e 1641 para o comercio do azucre que se cultivaba no Brasil holandés.
A cidade de Hamburgo en particular emitiu un amplo número destas moedas entre 1553 e 1560, e a partir de 1667 cuñounas a modo de medallas conmemorativas, unha tradición que aínda se mantén, como recoñecemento aos seus cidadáns polos méritos e os seus servizos destacados á cidade.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Lobo Vieira, R. M. (2000). Moedas Portuguesas da Época dos Descobrimentos na Colecção do Museu Histórico Nacional 1383-1583. Museu Histórico Nacional, Lisboa. Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma. Páxina 400. Trigueiros, A. M. (2016). "The Portugalöser in the Netherlands and Dutch Brazil". En The Numismatist. Vol. 129. Nº 4. American Numismatic Society.
Categoría:Moedas de Portugal Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas fóra de curso