Co nome de Calidón coñécese un heroe grego. Foi fillo de Etolo, rei da Élide, no Peloponeso, e Prónoe, filla de Forbo. Casou con Eolia, filla de Amitaón, coa que tivo dúas fillas, Epicasta e Protoxenia, que unida a Ares tivo un fillo chamado Óxilo.Non confundir con Protoxenia, filla de Deucalión, cuxo nome significaría 'nada en primeiro lugar'.

Fundou unha cidade en Etolia (ó norte do golfo de Corinto), á que deu o seu nome, Calidón.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Categoría:Homes na mitoloxía grega