miniatura|dereita|300px|Ruínas da aldea Deir el-Medina (), ou Dayr al-Madīnah, é unha aldea obreira do antigo Exipto. que foi o fogar dos artesáns que traballaban nas tumbas do Val dos Reis durante as dinastías XVIII e XX do Novo Reino de Exipto no século XVI a.C. (ca. 1550 e 1080 a. C.)Oakes, p. 110 O antigo nome do asentamento era Set maat ("Lugar da Verdade"), e os obreiros que vivían alí chamábanse "Servidores no Lugar da Verdade".Lesko, p. 7 Durante a era cristiá, o templo de Hator converteuse nunha igrexa da que procede o nome árabe exipcio Deir el-Medina ("Mosteiro da Cidade").Bierbrier, p. 125

Na época en que a prensa mundial se concentraba no descubrimento de Howard Carter da Tumba de Tutankamón en 1922, un equipo dirixido por Bernard Bruyère comezou a escavar o xacemento."Os traballadores do faraón: como viviron os israelitas en Exipto", Leonard and Barbara Lesko, Biblical Archaeological Review, xan/feb 1999 Este traballo deu lugar a un dos relatos máis minuciosamente documentados da vida comunitaria no mundo antigo que abarca case catrocentos anos. Non existe un sitio comparable no que a organización, as interaccións sociais, as condicións de traballo e de vida dunha comunidade poidan ser estudadas con tanto detalle.Cambridge Ancient History, p. 380

O sitio está situado na marxe oeste do Nilo, cruzando o río desde o actual Luxor.Lesko p. 2 A aldea está situada nun pequeno anfiteatro natural, a pouca distancia do Val dos Reis ao norte, templos funerarios ao leste e ao sueste, co Val das Raíñas ao oeste.Cambridge Ancient History, p. 379 É posible que a aldea fose construída á marxe da poboación máis ampla co fin de preservar o segredo en vista da natureza sensible do traballo realizado nas tumbas."Archaeologica: os sitios e tesouros culturais máis significativos do mundo" , Aedeen Cremin, p. 91, Frances Lincoln, 2007, dereita|miniatura|Estatua da Tumba de Kha e Mérito (Museo de Turín)

Constitúen un exemplo temperán de planificación urbana: as vivendas, protexidas por un muro exterior, están dispostas en fileiras e dan a unha rúa central. A vivenda típica contiña entre catro e seis cuartos e unha ou dúas adegas. Arredor da aldea se atopan as tumbas dos funcionarios do estado.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas Images of Deir el-Medina : Past & Present YouTube video clip of Deir -el-Medina 1. YouTube video clip of Deir -el-Medina 2. Photographs of Deir el-Medina A Survey of the New Kingdom Non-literary Texts from Deir el-Medina - Leiden University (Database)

Categoría:Cidades de Exipto