Café con Tostada foi un periódico editado en Pontevedra en 1895.
Traxectoria Subtitulado Semanario satírico ilustrado, apareceu o 13 de xaneiro de 1895. Periódico semanal, aparecía os domingos. Estaba dirixido por José Bermúdez Montero. Constaba de oito páxinas e contaba coas seccións "Mocka y caracolillo", "Azucarillos" e "Tostadas". Editábase na Imprenta de José Eiras. O último número coñecido é o 6, publicado o 17 de febreiro de 1895.
Colaboraron nel, con poemas ou relatos en lingua castelá, Enrique Labarta Pose, Jaime Solá, Alberto García Ferreiro, Luís Taboada, Salvador Golpe e Manuel Amor Meilán. En galego unicamente publicou unhas "Máximas" de Carlos Pol.Número 4 (3/2/1895), páxina 3
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Café con Gotas Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1895 en Galicia